O PP de Galiza contratou con empresas da Gürtel cando Feijóo xa era presidente do partido

Os populares fixeron varios pagamentos a a Special Events e Pasadena Viajes, empresas chaves nesta trama de corrupción, entre 2006 e 2009. Así o desvela El Plural tomando como base a contabilidade do PP na Audiencia Nacional, á que tivo acceso

Núñez Feijóo
photo_camera Núñez Feijóo

O PP de Galiza contratou con empresas da trama Gürtel tamén cando Núñez Feijóo estaba xa na presidencia do partido, extremo que sempre fora negado polo mandatario. Así o afirma El Plural, que indica que estes datos están na contabilidade oficial que os populares entregaron á Audiencia Nacional e aos que este medio tivo acceso, indica.

Núñez Feijóo asumiu a presidencia do PP galego no congreso que esta organización realizou en xaneiro de 2006 para suceder a Manuel Fraga. Desde entón, e en contra do que ten afirmado, o PP autonómico continuou a contratar con algunhas das empresas que están implicadas na trama.

Special Events e PasadeNa Viajes

Así, e segundo a información de El Plural, dúas empresas aparecen nos papeis de contabilidade oficial do PP de Galicia: Special Events e Pasadena Viajes.

A primeira das firmas estaba dirixida por Francisco Correa e entre as súas tarefas estaba a organización e montaxe de actos electorais do PP. Foi, tamén a que puxo a música e luces na voda da filla de Aznar. Os pagamentos do PP de Galiza a esta compañía foron entre 2006 e 2009 e o seu importe apenas superan os 2.300 euros.

Pasadena Viajes tivo na súa dirección a Pablo Crespo. A contabilidade do PP reflite un pagamento a esta empresa en 2009 dos populares galegos.


 

Comentarios