Facenda confirma que a actual ministra de Sanidade beneficiouse da trama Gürtel

a Axencia Tributaria afirma que Ana Mato viaxou de balde a Disneyland París e Dublín grazas a regalos do principal acusado na trama, Francisco Correa. AQliás, a Gürtel pagoulle catro festas familiares

Ana Mato
photo_camera Ana Mato

 A Axencia Tributaria vén de enviar á Audiencia Nacional un informe de máis de 100 páxinas no que confirma que Ana Mato ,actual ministra de Sanidade do goberno do PP, beneficiouse directamente de regalos pagados por Francisco Correa, unha das persoas principais da trama Gürtel. Os técnicos de Facenda sinalan nese documento que a Gürtel pagou parte dunha viaxe a Disneyland en 1998 de Ana Mato, por un valor de máis de 3.600 francos franceses nnaquela altura. A actual ministra de Sanida tamén viaxou de balde grazas ás dádivas de Correa a Dublín en 1999.

Segúundo a Axencia Tributaria, ese regalo Gürtel que aceptou a dirigente del PP tivo un valor de 216.837 pesetas da época. No informeenuméranse aliás un un total de quince regalos que recibiu o daquela marido de Mato e a súa familia. Correa tamén pagou polo menos catro festas familiares a Mato e a súa familia

Máis en OPINIÓN
Comentarios