domingo 24/10/21

Un informe da Policía confirma que a rede Gürtel pagou regalos e viaxes a Ana Mato

Os obsequios abranguen viaxes para ela e a súa familia por valor de 50.000 euros e artículos de luxo. Aliás, a trama Gürtel chegou mesmo a abonarlles festas de aniversario con pallasos.
Ana Mato
Ana Mato

Un informe elaborado pola Unidade de Delictos Económicos e Fiscais da Policía Nacional desvela que a trama Gürtel pagou á familia da ministra de Sanidade, Ana Mato, e o seu marido, o alcalde de Pozuelo de Alcorcón, Jesús Sepúlveda, viaxes turísticas por valor de 50.000 euros e artículos de luxo. Aliás, sufragou "eventos familiares particulares" como festas de aniversario con pallasos (11.800 euros). E tamén houbo a entrega de 75.000 euros para a oficina do PP en Pozuelo.

A ministra nega ter recibido estes pagos, entre os que están bolsos da marca Louis Vuitton valorado algún en máis de 600 euros. 

Estes pagos veñen sumarse ao regueiro de noticias que están a cercar o PP relacionadas con pagamentos en b ou outro tipo de prebendas e prestacións.

Mato dixo literalmente que non se lle pasou pola cabeza a idea de demitir.

comentarios