Deputados do PP e empresarios imputados na Gürtel legalizaron 10 millóns mediante a amnistía fiscal

Facenda recoñece ante a Audiencia Nacional que sete imputados na trama Gürtel regularizaron máis de nove millóns de euros aproveitando as amnistías fiscais dos gobernos de Zapatero e Rajoy
diñeiro

As aministías fiscais pode que, tal e como denunciaron os técnicos do Ministerio de Facenda, nunca recaden tantos cartos como os que os propios gobernos que as impulsan din que van recadar. Mais semellan que si que son toda unha oportunidade de negocio para regularizar ou legalizar diñeiro. Ben o saben imputados na trama Gürtel, sete dos cales aproveitaron as amnistías fiscais, tanto de Zapatero como de Rajoy, para legalizar case dez millóns de euros.

Foron dous exdeputados do PP e cinco empresarios. E a cantidade total legalizada ante o fisco foi de 9.805.000 euros. No listado de imputados da trama Gürtel que acudiron ao fisco a regularizar as súas contas unha vez souberon que estaban baixo a lupa da xusticia destaca Alberto López-Viejo, exconselleiro da Comunidade de Madrid e que fora home de confianza de Esperanza Aguirre.

Esta noticia prodúcese cando aínda non recuou a maré xerada polo feito de que o propio Bárcenas se beneficiase da amnistía fiscal para regularizar parte dos seus cartos.

Comentarios