Francia

Parque eólico Ourol, operado por Greenalia no concello homónimo. (Foto: Greenalia)
ECONOMÍA

Greenalia abre as portas da eólica galega á francesa Engie

A enerxética do país galo adquire unha carteira de renovábeis de 182 MW da compañía galega na Galiza e Andalucía.
Mobilización contra a reforma das pensións en abril na praza da Bastilla de París, Francia. (Foto: Jan Schmidt-Whitley / Le Pictorium)
star
INTERNACIONAL

Os sindicatos franceses xogan a última carta para frear a reforma das pensións

A que pode ser a última xornada de mobilización xeral contra a reforma das pensións en Francia traslada o apoio ao debate a quinta feira no lexislativo para anular a suba da idade de xubilación.
Ricardo Solveira diante do teatro de Lyon. (Foto: Vanesa Martínez Sotelo)
Contracultura

Ricardo Solveira: "O alumnado está traballando un texto que será estreado en galego, francés e portugués"

Ricardo Solveira, vicedirector da Escola Superior de Arte Dramática da Galiza (ESAD), aborda a experiencia do Proxecto Nós-Nous, un programa internacional que pon en común o territorio escénico da Galiza, Portugal e Francia.
O ex presidente de Francia, Nicolas Sarkozy, esta cuarta feira.
Agora

Un tribunal ratifica a condena a Sarkozy por corrupción e tráfico de influencias

Un tribunal de Francia ratificou esta cuarta feira a condena a tres anos de prisión contra o ex presidente Nicolas Sarkozy no marco dun caso de corrupción e tráfico de influencias nunha trama de escoitas telefónicas, logo de que o mandatario apelase a sentenza en decembro. O Tribunal de Apelacións de París sinalou que dous dos tres anos da sentenza quedan suspendidos, mentres que o ex presidente non terá que entrar na cadea, xa que o outro ano da sentenza en firme poderá ser cumprido en arresto domiciliario e con brazalete electrónico. Sarkozy non poderá optar a cargos electos neste tempo. O seu avogado e o ex maxistrado Gilbert Azibert recibiron a mesma condena.
O ex presiente do Estado francés, Nicolas Sarkozy (Foto: Europa Press / Contacto / Vincent Isore).
INTERNACIONAL

O ex presidente francés Nicolas Sarkozy é condenado a tres anos de prisión por corrupción

O caso remóntase a 2014, cando o ex presidente ofreceu subornos a un fiscal a cambio de información e axuda nun proceso xudicial sobre o financiamento irregular -por parte da herdeira de L'Oréal Liliane Bettencourt- da súa campaña nas eleccións presidenciais de 2012.

Xacobinos na Catalunya Nord

Britania e Francia

Represión o 1 de Maio en París. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

Máis de 500 persoas arrestadas nas protestas do 1 de Maio en Francia

Os sindicatos anuncian novas mobilizacións en xuño á espera da decisión do Consello Constitucional esta cuarta feira sobre o referendo para frear a reforma das pensións de Macron.
Protestas en Francia nas mobilizacións do Primeiro de Maio. (Foto: Nós Diario)
INTERNACIONAL

540 persoas detidas e máis de 400 policías feridos nas protestas do 1º de maio en Francia

O conflito contra a reforma das pensións de Macron intensificouse esta segunda feira.

Manifestación do 1 de Maio a segunda feira en Marsella, Francia. (Clement Mahoudeau / AFP / DPA)
star
INTERNACIONAL

As protestas en Francia lideran o 1 de Maio en Europa

Traballadoras e traballadores saíron á rúa no 1 de Maio concentrando as súas reivindicacións nas loitas que desenvolven en cada país, como a que exixe a fin da reforma das pensións en Francia, un aumento dos salarios en Portugal e Italia ou uns servizos públicos de calidade, como acontece en Grecia.
Protestas en Francia nas mobilizacións do Primeiro de Maio. (Foto: Nós Diario)
INTERNACIONAL

Intensifícanse as protestas en Francia neste Primeiro de Maio

As mobilizacións foron reprimidas pola Policía.
Manifestación no distrito 10 de París contra a reforma das pensións durante o discurso televisado de Macron a segunda feira. (Foto: Julien Mattia)
star
Análise

Francia. A revolución permanente

Rubén C. Lois González é catedrático da Universidade de Santiago de Compostela.
Protesta contra Macron perto de París a cuarta feira. (Foto: Telmo Pinto / Zuma Press / Contactophoto)
INTERNACIONAL

As cazoladas escurecen máis a "xira" de Macron por Francia

A Confederación Xeral do Traballo corta a luz en dúas das visitas do percurso de Macron polo país tras promulgar a reforma das pensións.

Macron

Tavini Huiraatira Moethai Brotherson polinesia
INTERNACIONAL

O independentismo gaña a primeira volta das eleccións na Polinesia

Tavini Huiraatira enfrontarase na segunda volta a dúas formacións autonomistas.

Un avión da compañía Air France. (Foto: Nós Diario)
INTERNACIONAL

A Xustiza absolve Airbus e Air France por un accidente no que faleceron 228 persoas en 2009

A catástrofe tivo lugar o 1 de xuño de 2009 na ruta conectaba Río de Janeiro e París.

Manifestación onte en París antes de emitirse o veredicto do Constitucional. (Foto: Julien Mattia/ Le Pictorium Vía Z)
star
INTERNACIONAL

O Constitucional valida en Francia a suba da idade de xubilación a 64 anos

O Consello Constitucional francés avala os aspectos esenciais da reforma das pensións aprobada polo presidente Macron e desbota a proposta das forzas progresistas de convocar un referendo para que a poboación vote se quere fixar en 62 anos a idade máxima de xubilación. En maio o Consello determinará a súa posición sobre unha segunda proposta de referendo presentada a quinta feira.
Manifestantes contra a reforma das pensións o pasado 11 de marzo en París. (Foto: Jan Schmidt-Whitley)
star
Análise

O calote da reforma das pensións

Paula Castro é xornalista.

Poder e lei económica

Manifestación a quinta feira en París. (Foto: Ervin Shulku / Zuma Press / Contactophoto)
INTERNACIONAL

Alertan dunha "crise democrática" pola reforma francesa das pensións

Undécima xornada de mobilización xeral masiva no país, na que as forzas sindicais ratificaron que as protestas non pararán até que a reforma das pensións sexa retirada.