O independentismo gaña a primeira volta das eleccións na Polinesia

Tavini Huiraatira enfrontarase na segunda volta a dúas formacións autonomistas.

Tavini Huiraatira Moethai Brotherson polinesia
photo_camera Moethai Brotherson, de Tavini Huiraatira.

O partido independentista Tavini Huiraatira (esquerda) gañou a primeira volta das eleccións á Asemblea da Polinesia, un territorio semiautónomo de Francia en Oceanía. Segundo informa Nationalia, Tavini obtivo 34,8% dos votos, por diante de Tapura Huiraatira (centrodereita), o partido autonomista gobernante, que obtivo 30,6%. A participación foi de 59,3%.

A segunda volta decorrerá o 30 de abril, e nela repartiranse os 57 escanos da Asemblea. Quedan eliminados os partidos que obtiveron menos de 12,5% dos votos na primeira volta (se acadaron entre 5% e 12,5% poden fusionarse cunha lista que superou o limiar).

Ademais de Tavini e Tapura, só outro partido pasou o limiar de 12,5%: A here ia Porinetia (Amo Polinesia), unha escisión da dereita de Tapura que, como ela, oponse á independencia.

Nas eleccións polinesias de 2018, Tavini obtivo 20,7% na primeira volta e 23,1% na segunda. O ano pasado, nas eleccións lexislativas francesas, os partidos independentistas conseguiron os tres escanos en xogo na Polinesia.

O Tavini presentouse cun programa que prioriza o programa socioeconómico. O seu candidato á presidencia da Polinesia, Moetai Brotherson, admite que a independencia non é un proxecto que se poida executar a curto prazo, e sitúa o avance do territorio cara á soberanía no marco do Comité para a Descolonización das Nacións unidas.

A Polinesia é considerada un territorio non autónomo pola ONU, polo que nalgún momento haberá que levar a cabo un proceso de descolonización.

Porinetia Farani, coñecida como Polinesia francesa, é unha colectividade de ultramar frances9​ localizada en Oceanía ao sur do océano Pacífico. Está composta por 118 illas e atolóns dos cales 67 están habitados.1A illa Tahití, é a máis famosa e poboada das illas, con Papeete, a capital e localidade máis grande, localizada nela.

Comentarios