Intensifícanse as protestas en Francia neste Primeiro de Maio

As mobilizacións foron reprimidas pola Policía.
Protestas en Francia nas mobilizacións do Primeiro de Maio. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Protestas en Francia nas mobilizacións do Primeiro de Maio. (Foto: Nós Diario)

Os sindicatos franceses conmemoran, este 1 de maio, o Día Internacional dos Traballadores cunha protesta sen precedentes contra a reforma da pensións promulgada polo presidente Enmanuel Macron.

A Confederación Francesa Democrática do Traballo (CFDT), a través da súa conta en Twitter, cualificou a xornada de “festiva, unitaria e familiar”,  “un excepcional 1 de Maio sobre Avignon fronte a 64 canos de recoñecemento do mundo laboral”. 

A secretaria xeral da Confederación Xeral do Traballo (CXT), Sophie Binet, considerou importante facer escoitar a mensaxe de rexeitamento á norma que estende a idade de xubilación de 62 a 64 anos. Instou, ademais a gañar a batalla contra a reforma: “veñan en masa, a manifestación do 1 de maio é tamén unha festa popular”, asegurou.

Así, se ben as manifestacións se presentaron xornadas festivas, nas últimas horas as mobilizacións intensificáronse e as protestas foron fortemente reprimidas pola policía, accións que foron contestadas polas persoas que participaron nas protestas.

Esta mobilización constitúe a 13ª xornada nacional de manifestacións sindicais, desde a primeira realizada o 19 de xaneiro, contra a nova lei de xubilación que entrará en vigor ao longo do presente ano en Francia.

Comentarios