Fillas de Cassandra

Rebeliom do Inframundo e Fillas de Cassandra.
CULTURA

Así soa o novo tema de Rebeliom do Inframundo e Fillas de Cassandra

Rebeliom do Inframundo e Fillas de Cassandra veñen de asinar a súa primeira colaboración, "Contra vento e marea". O tema, que xa está dispoñíbel nas plataformas dixitais, preséntase como un arrebatador, cómplice e fascinante xogo de contrastes entre dúas formacións esenciais na actual escena da música galega. O sinxelo demostra que a confluencia entre as dúas bandas que agromaron en Vigo é natural, enriquecedora e proveitosa para a música do país.

Contra vento e marea, explica Nervo, MC de Rebeliom do Inframundo, é "unha oda á superación, a remar contracorrente, a manterse a flote, a sobrevivir no medio desta puta loucura". É un canto a non deixarse levar pola ira, mesmo sendo conscientes que hai razóns dabondo para que a ira aflore. "É unha canción chea de orgullo, forza e valor, evocadora de todo tipo de sentimentos precisos para vencer á frustración», expón.

Ao fío, María SOA e Sara Faro salientan "a forza e a colectividade" que se desprende da peza. "Como di o tema, somos rochas contra as que bate o mar. Contra todos os contratempos que poidan vir, ímonos manter firmes e mirar cara adiante", apuntan.

Nesta primeira colaboración, Rebeliom do Inframundo achégase a un rexistro poético conmovedor e descarnado, cunha colosal carga emotiva, mais sen deixar, en ningún momento, a súa esencia combativa. "Som o som das ondas à beira do mare, o latejo, a espuma branca, o nosso lare, a costa e dureza. Puto, nom todo vale. Ilhas Atlânticas freando tempestade", rapea Nervo sobre a produción musical de 2Pasøs e Frank Huxley.

Pola súa banda, Fillas de Cassandra expoñen, dun xeito vehemente e apaixonado, a fortaleza que reside nelas. "Nas augas do inframundo fazemos o nosso mare", cantan María SOA e Sara Faro nos primeiros compases do tema.

Tanxugueiras e Fillas de Cassandra: "Quen é a que canta?"
CULTURA

Tanxugueiras e Fillas de Cassandra: "Quen é a que canta?"

Tanxugueiras e Fillas de Cassandra unen forzas e estrean "Quen é a que canta?". O tema é un canto á nenez e ás relacións de amizade que crecen cómplices entre amigas, mais tamén ao descubrimento deses “monstros” e desas “fadas”. Nela, móstrase á infancia como un lugar tenro e sorpresivo, onde todo é novo e tamén, por ese mesmo motivo, desconcertante. A colaboración supón unha unión artística moi esperada entre dúas das agrupacións musicais máis importantes da Galiza dos últimos tempos
Sara Faro e María Pérez forman Fillas de Cassandra. (Foto: Santi Iglesias)
CULTURA

Fillas de Cassandra, aspirantes a catro premios MIN, porá música á gala dos Premios Mestre Mateo

O dúo está a presentar un novo espectáculo na súa nova xira, nomeada Últimas Dionisíacas.
EuropaPress_4628670_concierto_tanxugueiras_festival_noroeste
CULTURA

A música galega enche escenarios: hai un boom?

Tanxugueiras esgota 10.000 entradas no Coliseum da Coruña. Fillas de Cassandra enche a Sala Capitol en Compostela na presentación do seu disco “ Acrópole ”, ao igual que Mondra co seu LP Ardén. A Sala Malatesta en Compsotela quedou pequena na benvida de De Ninghures. Caamaño & Ameixeiras fan soar as coplas tradicionais galegas internacionalmente. O éxito da música galega na actualidade.

Fillas de Cassandra, durante a súa actuación no festival Revenidas 2023. (Foto: Christian Pérez)
CULTURA

Tanxugueiras, La Pegatina e Fillas de Cassandra, entre as primeiras confirmacións do Revenidas 2024

As entradas para os catro días están xa á venda a un prezo de 59 euros.
Concerto de De Ninghures (Foto: Nós Diario)
CULTURA

GALERÍA | Así danzou a Coruña con Fillas de Cassandra e De Ninghures polo Día dos Medios en Galego

As Tanxugueiras encheron o Coliseum da Coruña no feche da súa xira o pasdo mes de decembro. (Foto: Rocío Cibes).
star
Análise

Grandes concertos, pequenos escenarios

Mauro Borrazás é Xornalista de profesión e músico por afección da xeración Xabarín.
María Soa e Sara Faro, 
Fillas de Cassandra, 
actúan hoxe en Vigo. (Foto: Santi Iglesias)
star
CULTURA

Fillas de Cassandra estrea hoxe en Vigo 'Últimas dionisíacas', a súa nova proposta escénica e musical

O Auditorio Mar de Vigo acolle na noite de hoxe a estrea do novo espectáculo de Fillas de Cassandra, 'Últimas dionisíacas'. Con este directo afrontan unha nova etapa e poñen o ramo a 'Acrópole' a través do festexo e a catarse.
Valentín Calvín, esta cuarta feira, en Fitur. (Foto: Festival de Ortigueira)
CULTURA

Estas son as primeiras bandas confirmadas para o Festival de Ortigueira

O alcalde da vila anunciou as primeiras confirmacións en Fitur

Fillas de Cassandra apostan polo inédito no seu novo directo. (Foto: Sabela Andrés)
CULTURA

Fillas de Cassandra presentará o seu novo directo en Vigo

Nestas 'Últimas Dionisíacas', Fillas de Cassandra revisitará os temas máis recoñecidos de Acrópole, o seu álbum debut, desde unha electrónica máis escura e potente, mais tamén dará a coñecer temas inéditos que formarán parte do seu próximo LP.

María Pérez (María Soa), á esquerda, e Sara Faro, á dereita, son Fillas de Cassandra. (Foto: Santiago Iglesias Abellán)
CULTURA

Fillas de Cassandra, Retimbrar, Arancha Nogueira e María Isabel Fidalgo triunfan nos premios Ari[t]mar

Os nomes das persoas e das obras distinguidas déronse a coñecer esta segunda feira no Centro Internacional de Prensa da Galiza, en Santiago de Compostela, onde o director de Ari(t)mar, Gonzalo Constenla, confirmou que a gala na que participarán as artistas e poetas gañadoras terá lugar o 10 de outubro no Auditorio da Galiza.
Dakidarría é unha das bandas que pediu o voto a Ana Pontón (Foto: Dakidarría).
Máis

Tradición e talento no Incio

O festival Terra Brava reúne folk, rock e reggae
De esquerda a dereita Iago J. H., Vituco Neira, Xaco Barona, David Barbas, Xulia F. Neira e Xan Pericán. / Pixelinphoto
Máis

A Festa Folk aluma Fisterra

A cita combina a mellor música e gastronomía
O traballo cifra en 6.000 os eventos musicais celebrados en 2023. Na foto, Grande Amore.
Máis

A Canción do Verán

A industria musical da Galiza soa con forza en festas, concertos e festivais. Desde as versións de cancións populares até o rock e as bases electrónicas... Cunha oferta para todos os gustos catro críticos e críticas musicais configuran a lista de reprodución do verán galego con temas do máis bailábeis e na que Onde ela me quer levar (Grande Amore) gaña o ouro.
Bandas participantes e integrantes da comisión organizadora presentaron esta cuarta feira o cartel do Festigal 2023. (Foto: Festigal)
CULTURA

Un Festigal con Fillas de Cassandra, Dios Ke Te Crew e Grande Amore

Abrirán Leria, banda gañadora do concurso Novos Valores 
María Pérez (María Soa), á esquerda, e Sara Faro, á dereita, son Fillas de Cassandra. (Foto: Santiago Iglesias Abellán)
star
Entrevistas

Fillas de Cassandra: a rebelión desde a música

A mitoloxía clásica sérvelles ás Fillas de Cassandra para rebelarse contra o patriarcado pasado e presente. Para falar das violencias que viven as mulleres e os colectivos sociais situados polo poder nunha posición de subalternidade. Mais Fillas fano, como outros grupos da súa xeración, desde a forza. Desde unha enerxía imparábel. Desde a alegría. Cos ritmos bailábeis do pop electrónico en galego que está a arrasar nos festivais. Conversamos coas Fillas, María Soa e Sara Faro, sobre o seu proxecto e sobre o seu primeiro disco, 'Acrópole'.
Detalles do 'Sermos Galiza' deste sábado.
CULTURA

A música, os mitos e o feminismo de Fillas de Cassandra, no ‘Sermos Galiza’

O novo número do semanario analiza tamén a situación do cabalo salvaxe galego e a resistencia da lingua mirandesa

Sara Faro e María Pérez forman Fillas de Cassandra. (Foto: Santi Iglesias)
CULTURA

A Vangarda Alternativa musical dáse cita na Fundación Luis Seoane

Desde esta sexta feira e até o domingo, Vangal (Vangarda Alternativa Galega) decorre na Fundación Luís Seoane da Coruña, a presentar seis propostas musicais lideradas por mulleres.
Sara Faro e María Pérez forman Fillas de Cassandra. (Foto: Santi Iglesias)
CULTURA

Fillas de Cassandra gaña o VIII premio aRi[t]mar

O tema elixido como Mellor Música do 2022 en Portugal é "Maçãzinha", da agrupación portuense Retimbrar, en colaboración con Uxía Senlle.
Fillas de Cassandra durante o concerto de presentación do seu novo disco este sábado. (Foto: Aigi Boga)
CULTURA

Fillas de Cassandra enchen a sala Capitol na presentación do seu novo disco

Centos de persoas desfrutaron este sábado de 'Acrópole', o novo traballo de MaríaSOA e Sara Faro