Entroido

A concelleira Emilia Somoza aborda como será a celebración do Entroido (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Emilia Somoza: "Se queremos recuperar o Entroido da rúa, as crianzas deben estar tamén aí, ao seu ritmo"

Este é Domingo Corredoiro e saen os Cigarróns ás rúas de Verín. Trátase dunha das citas máis destacadas do Entroido. Emilia Somoza, concelleira de Educación, Cultura e Festexos, aborda a programación deste ano na vila. Explica que se centra, especialmente, nas actividades infantís e en recuperar “unha festa que, para que luza de verdade, ten que ser de día e na rúa”. 
Queima do Entrudo en Podence en Trás-os-Montes (Foto: Felipe-Senén)--
star
Reportaxes

Entroido galego. Variedade, ostentación, tradición, creación... competencia

Unha das características da Galiza, motivada pola paisaxe e a intervención do ser humano, isto é polas incidencias culturais 
-a fonda prehistoria, o mundo céltico, romano, cristián, medieval, a misión, as viaxes...- é a variedade, o minifundismo de leiras, castros, parroquias, o barroquismo. E pese a todo, non poden os bombardeos mediáticos e consumistas con semellantes orixes e coa orixinalidade, aínda así tamén se deixan enxergar os feísmos, os castrapismos, os novos esperpentos como efectos da aculturación.

Rafael Quintía cun Meco en Santiago de Arriba, Chantada. (Foto: Rafael Quintía)
star
Entrevistas

Rafael Quintía: Entroido e antropoloxía

O Entroido galego chamou a atención durante décadas a múltiples especialistas. Malia a cantidade de estudos publicados, a celebración segue a sorprender con novos achados froito de investigacións contemporáneas. O antropólogo Rafael Quintía é un dos estudosos que máis traballou nos últimos anos profesionalmente esta celebración invernal, recuperando testemuñas e achegando novas perspectivas sobre o futuro dos rituais que agora forman parte do percorrido turístico da Galiza.
Merdeiro do Casco Vello Vigués (Foto: Nós Diario)
star
Reportaxes

O entroido temperán

Falta menos dunha semana para que comece o Carnaval nas cidades galegas. Porén, o Entroido máis tradicional leva xa varias semanas enchendo de ritos e tradicións as rúas das vilas e aldeas que foron quen de conservar durante séculos e practicamente intactos estes festexos. Alén da fin de semana común en todo o país, o calendario do Entroido galego esténdese dende o Nadal até a Coresma, colgando no caso de Xinzo o galardón de Entroido máis longo de Europa.
Escolma de imaxes do 'Sermos Galiza' deste sábado (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Todo sobre o Entroido, no 'Sermos Galiza' desta fin de semana

Entrevistamos ao estudoso Rafael Quintía e analizamos os aspectos máis característicos desta festividade na Galiza.
Xenerais no entroido de Fao, no concello de Touro, comarca de Arzúa. (Foto: Nós Diario)
star
Análise

O Entroido: participar ou observar

Manuel Vilar Álvarez é o director do Museo do Pobo Galego.
A sesión do día 8 dedicarase ao entroido de Sande, Cartelle.
Poderán ser seguidas en Twitch en directo

Orgullo Galego organiza as II Xornadas sobre o Entroido

O proxecto Orgullo Galego abriu hoxe as II Xornadas Oline sobre o Entroido da Galiza, que se estenderán até o vindeiro 1 de marzo. 
mapa entroido USC
SOCIAL

Entroido, Antroiro, Entruido, Antroido, Antruido, Introido, Entrudo... e ti como lle dis?

Xa estamos no Entroido. Ou ti es das que di Antroido, ou Entrudo ou Introido ou...?  Cal é a forma que se usa na túa zona?

Pantallas de Xinzo de Limia. (Foto: Europa Press)
CULTURA

[VÍDEO] A Xunta promove nas redes as pantallas de Xinzo de Limia como se fosen de Viana do Bolo

Varias persoas criticaron este erro nas redes sociais.
Monica Mura con algúns dos chocallos e outros elementos que reuníu na obra 'Ser son'. (Foto: Monica Mura).
CULTURA

Monica Mura: "Na Galiza as tradicións evolucionan, sobre todo as que teñen un compoñente machista"

A Sala Alterarte do Campus de Ourense da Uvigo acolle até o 7 de abril a exposición 'Ser son', unha instalación sonora de Monica Mura que parte da investigación sobre a presenza da muller nas 18 máscaras do Entroido galego que levan incorporado elementos sonoros. En conversa con Nós Diario, descubre algunhas das características que atopou partindo da experiencia previa no seu pobo natal: Sardeña.    

Entroido Xinzo de Limia (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Sanidade pide "prudencia" nas celebracións do entroido para "non voltar atrás"

Desde a Consellaría de Sanidade chaman á "prudencia" e lembran as medidas restritivas que se deben levar a cabo durante o decorrer do entroido.
star
Entrevistas

Fátima Braña: "A xente quere Entroido. O problema son as dinámicas de desertización do rural"

O Boi, o Charrelo, as Señoritas, ... o Entrudio na Veiga, na comarca de Valdeorras, conseguiu manter cos anos unha festa que estivo prohibida durante a ditadura e que case desaparece como consecuencia da emigración forzada. O traballo da veciñanza, a través da asociación O Son de Trevinca e o Fulión da Veiga, foi quen de recuperar algunhas máscaras como a do Charrelo en 2014. Solicitaron ao Concello a realización dun estudo máis completo e de ámbito universitario. Nese traballo, presentado en 2019, participou a antropóloga Fátima Braña.
star
Cociña

Un Entroido para lambóns

Gozarmos desta festa a través das sobremesas.
Un cativo participando no domingo fareleiro, o pasado día 6, de Xinzo de Limia. (Foto: Rosa Veiga / Europa Press)
star
O non tan coñecido inicio do Entroido galego, da tradición á "festa controlada"

Ábrese a esmorga

O Entroido simboliza a crítica e a loita que, durante o resto do ano, andan ou ben reprimidas ou ben soterradas polas autoridades públicas. Desde os seus inicios até o presente, simboliza unha época de recuperación da primavera, da vida, e do renacer despois dos duros meses de invernía. Nesta reportaxe facemos un breve repaso dos seus primeiros días, entre os que se inclúen o fareleiro, o oleiro ou os de comadres e compadres, que son présa do esquecemento dunha festa, din as expertas e participantes, que vai disolvendo os seus valores tradicionais a medida que se vai internacionalizando e coñecendo alén da Galiza. 
"Twitter, a gorida dos pedófilos", unha reportaxe de Héctor Pena que atoparás neste número de 'Sermos Galiza'.
CULTURA

'Sermos Galiza' investiga sobre a pedofilia oculta en Twitter

Aliás, entrevistamos o afamado pianista James Rhodes, analizamos o paso das Tanxugueiras polo Festival de Benidorm e falamos do inicio do Entroido na Galiza. Todo isto, e máis, este sábado con 'Nós Diario'.
Entroido Xinzo de Limia (Foto: Nós Diario)
CULTURA

O Domingo fareleiro inicia un Entroido de transición

Xinzo de Limia celebra esta xornada o inicio da súa festa por excelencia, suspendida no 2021 pola pandemia. Os municipios do “triángulo máxico”, que suman tamén a Laza e Verín, retoman con precaución os actos dunha tradición que non se quere perder.

Celebración do 'non-entroido' en Laza, o 14 de febreiro de 2021 (Foto: Rosa Veiga / Europa Press).
CULTURA

Como será o Entroido 2022 na Galiza? Estas son as novas restricións

Sanidade di que serán os propios concellos os encargados de "velar" polo cumprimento das medidas.
Varias persoas na terraza dun bar na Coruña (Foto: M. Dylan / Europa Press).
SOCIAL

A Xunta suaviza as restricións: recupera as barras, os concertos de pé e a mobilidade nocturna

A Xunta dá por superado o pico da sexta vaga da pandemia. Anuncia a fin dos límites de mobilidade, o regreso dos concertos e o restabelecemento dos horarios na hostalaría e no lecer nocturno, ademais dunha seie de medidas de cara ao Entroido
O presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, nunha xuntanza por videoconferencia co comité clínico. (Foto: David Cabezón / Xunta da Galiza)
SOCIAL

O comité clínico decide hoxe se relaxa as restricións e mailo protocolo do Entroido

Un dos membros do comité clínico pide manter "prudencia, vacinación e máscara", cando o órgano ten que decidir sobre a rebaixa das restricións e o protocolo de Entroido.
Santiago Martínez Santana e Aurora Dacal Castro no seu obradoiro en Xinzo de Limia (Fundación Artesanía da Galiza).
CULTURA

Santiago Martínez: "Igual que mudamos nós como seres humanos e a forma de manexarnos, mudou o Entroido"

No obradoiro de arte Arrebol de Xinzo de Limia as pantallas nacen todo o ano para estar a punto no Entroido. As mans de Santiago Martínez levan máis de trinta e oito anos elaborando de maneira artesanal unha das máscaras máis coñecidas desta festa na Galiza. Con el traballa Aurora Dacal, artesá especialista en cartón pedra e en arxila polimérica. Malia o tempo que levan como artesáns, agora animáronse a estabelecer un obradoiro físico e para este mesmo verán pensan dar a coñecer as súas técnicas a través de cursos abertos ao público en xeral.