Entroido

Entroido kale borroka

Mércores de cinsa

Unha das imaxes do Entroido dentro do proxecto 'Encarnados'. (Foto: Tono Arias)
star
CULTURA

O Entroido máis doméstico xa tiña imaxes

A senlleira ollada do Entroido do fotógrafo Tono Arias, que condensa máis dunha década de traballo arredor da festa, semella hoxe case premonitoria nalgunhas das súas imaxes, que xogaban cos espazos domésticos. Mais tamén poden ser un bo bálsamo para a nostalxia destes días. Agrupadas en varias series, o seu labor en 'DesXeo' foi candidato ao mellor libro do ano no festival de Arlés, en Francia, país onde expuxo no Museo de Fotografía de Lille, pasando tamén por Barcelona, no marco do Fòrum Fotogràfic Can Basté. 

Entroido nunha sociedade perimetrada

OS-CORPOS23
star
CULTURA

De mecos e máscaras: algúns rastros do Entroido nas letras galegas

Aínda que a temática do Entroido non foi unha tópica espcialmente explotada pola literatura galega, ofrecemos un percorrido por algunhas das obras que se serviron da festa como escenario ou detonante, sen esquecer o carácter máis relevante que as súas formas xogaron na renovación do teatro galego.
Imaxe da entrevista a Ana Romaní. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

O Sermos analiza o crecente mundo dos 'podcast' en galego

Este número tamén fai unha parada nos entroidos galegos máis destacábeis e fala coa autora Ana Romaní, que publica un novo poemario. Para ler todos estes contidos só tes que preguntar polo semanario, que sae publicado mañá acompañando ao Nós Diario, no teu quiosque. Tamén o atoparás dispoñíbel para a súa lectura na nube a través da nosa tenda en liña.
Imaxe dunha das reportaxes do caderno 'Gozar'. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

O 'Gozar' fornece unha saborosa inmersión no Entroido galego

Tamén atoparás as mellores propostas de viños e mesmo os segredos que agocha un novo espazo natural da Galiza. Poder facerte co suplemento de ocio co Nós Diario que estará mañá a venda nos quiosques, librarías e na nosa tenda en liña.
Cocido_galego._Galicia_(Spain)
star
SOCIAL

Nabos ou grelos? Grelos ou nabizas? En que se diferencian?

Queres coñecer as curiosidades e xeitos de gozar da verdura do inverno por excelencia? Non perdas a lección práctica que nos ofrece Anxo Fole no Caderno Gozar.
FILLOAD
star
Caderno 'Gozar'

Así podemos gozar do mellor do Entroido sen saírmos da cociña

Chegou o tempo dos peliqueiros, choqueiros e cigarróns e, malia que este ano non se poderán encher as rúas de colorido, fariña e troula, non hai escusa para non celebrarmos unha das festas máis importantes da nosa cultura.

mapoa portada
LINGUA

Entroido, Entruido, Antroido, Antruido, Introido, Entrudo... e ti como lle chamas?

Filloas, orellas, flores, lacón con grelos... estamos no medio do Entroido, aínda que este ano a celebración se reduza ao espazo virtual por mor da Covid-19. As variantes nas vestimentas e máscaras tamén atinxen o léxico. Antroido, Entrudo... por que forma te decantas ti?
Pantalla de Xinzo. / Santos
star
Reportaxes

As mil caras do Entroido

A partir do dous de febreiro, día das Candeas, coas vagas do recendo das mimosas e o retorno das bandadas de paxaros, a Galiza das tribos, dos castros, das parroquias e das leiras, esperta coa forza do instinto. E faino sumando saberes da súa ancestral cultura para penetrar no seu espírito, como matinaba Risco. Ábrense entón ás festas do Entroido, á entrada na primavera pola porta festiva das Carnestolendas, en ritos de pasaxe, de iniciación, da carne.
collage
Segredos de Pantón recupera o patrimonio cultural

Cabaleiros, damas e farrampláns reviven no Entroido do río Cabe

Nós Diario conversa coa Asociación Cultural Segredos de Pantón arredor da recuperación do seu Entroido tradicional, o que nomearon Entroido do Cabe e que neste 2021 vive a súa primeira mostra de traxes, personaxes e testemuños.
No centro, Eloy Domínguez Serén. Á esquerda, a súa irmá Alba, e á dereita, Beli Martínez. (Foto: Cedida)
Entrevista

Eloy Domínguez Serén: "O bo momento do noso audiovisual non é unha moda, non é un 'boom'"

Mañá remata o Festival du Court Métrage de Clermont-Ferrand (Francia), no que se proxectou a curtametraxe de Eloy Domínguez Serén (Meaño, 1985) 'Os Corpos', após a súa estrea no IDFA (Amsterdam) ou o seu paso polo Tempo Documentary (Suecia) e polo FICXixón. Unha achega táctil e absorvente ao Entroido, especial agasallo nos tempos das distancias. 
Entroido_de_Viana_do_Bolo_2018_-_08
CULTURA

Conta atrás para un Entroido alternativo obrigado polo coronavirus

A maioría dos concellos que acubillan os entroidos máis concorridos xa anunciaron a suspensión dos festexos e das citas tradicionais. Porén, hai propostas alternativas que buscan manter o espírito das máscaras e respectar as restricións fronte ao coronavirus. 
oso salcedo
CULTURA

Suspenden o Entroido Ribeirao e o do Oso de Salcedo

Pola pandemia da Covid

385 repor 2
star
Reportaxes

A importancia dos Entroidos

A importancia do Entroido como tradición enténdese hoxe en relación a moitos factores da sociedade contemporánea, como o turismo ou a superación dos machismos. Se o recoñecemento do interese cultural da festa é positivo, tamén pode ter consecuencias negativas cando as visitantes non comprenden o que están a observar. Cos riscos sobre a mesa, cómpre atopar esa xusta medida que permite gozar do Entroido, para moitas persoas o evento do ano, e compartilo coas olladas das máis curiosas. 
385 repor 1
star
Reportaxes

Os tótems do Entroido galego: do Meco ao Momo, pasando polo Urco e polo Ravachol

Meco, Momo, Labardeiro, Lardeiro, Chocalleiro, Felo... Múltiples son os nomes que recibe o Entroido na Galiza, dependendo da zona. O ídolo, con todo, cumpre unha función análoga resultado de diferentes tradicións pasadas que se confunden e dialogan, aprendendo a negociarse aínda no presente, nun ritual purificador que deixa atrás o letargo do inverno para entrar de cheo no acordar primaveral. 
385 entrevista
star
Entrevistas

Belén Guzmán: A xenerala

Belén Guzmán Perdigao (Vila de Cruces, 1986) leva desde 2013 á fronte da Asociación Cultural Vello dos Cornos, unha entidade que traballa "todo o ano" pola recuperación e conservación do Entroido de Merza, prohibido durante a guerra civil española, a piques de desaparecer nos anos 90 e do que as primeiras referencias se remontan a principios do século pasado. Belén porta con orgullo, ademais, a bandeira da loita pola igualdade nunha festa tradicionalmente masculinizada e na que cada vez máis mulleres ocupan as posicións estrela.  
Peliqueiros de Laza.
Cultura

Os detalles que marcan as diferenzas das principais máscaras galegas

Cigarróns de Verín, Peliqueiros de Laza, Felos de Maceda ou Zarramanculleiros de Cualedro son signos de identidade para as habitantes dos diferentes lugares, mais tamén resultan moi similares á vista. Recollemos as súas principais diferenzas que, alén do estético, teñen moito que ver coas dinámicas que cada unha delas desenvolve. 
Entroido xenerala foto de Carolina Neira
CULTURA

As mulleres manteñen vivo o Entroido

As mulleres foron, durante décadas, as encargadas de preservar as tradicións e os costumes do Entroido. Nos últimos anos desenvolveron un papel protagonista nas celebracións e, en moitos casos, impulsan a recuperación e o mantemento da festa nas aldeas e nas vilas da Galiza.