O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, chamou á "prudencia" nas celebracións do entroido durante esta fin de semana e próximos días na Galiza, co fin de "non voltar atrás".
Primeira fin de semana sen certificado Covid na hostelaría
No que se é a primeira fin de semana con eliminación do certificado covid en hostalaría, e aumento de comensais por mesa (dez en interior e 20 en exterior).
Comesaña tamén fixo fincapé na "recomendación de usar" a máscara nas aglomeracións.
"Non voltar atrás"
Así mesmo, aproveitou para "pedir prudencia e non voltar atrás" con estas interaccións que, "sen dúbida, se van dar". "Pódese facer un entroido e gozar dunhas festas que en anos anteriores non tivemos, mais mantendo a prudencia", sentenciou.
Os eventos poden celebrarse a 100% de capacidade, mais está prohibido fumar, tamén nos exteriores, incluídos os cigarros electrónicos. Aliás, para o acceso a espazos interiores será obrigatorio o certificado Covid cando o público supere as 200 persoas e 500 en exteriores e cando se vendan comidas e bebidas.
O conselleiro manifestou que os concellos "teñen a experiencia" de Nadal. "O que se lles pide é que tomen as medidas oportunas, que van depender da natureza do concello", apuntou, para indicar que, por exemplo, neste caso o entroido en Verín celébrase de forma máis intensa que noutras localidades como poden ser A Coruña ou Vigo.