star
"Devolvendo o golpe", algo máis que un documental
A loita de Aarón
19/nov./21
Devolvendo o golpe, o documental dirixido polo xornalista e cineasta Carlos Prado Pampín, foi o gran vencedor do pasado Festival Primavera de Cine de Vigo. Xurado e público entenderon que a historia que relata, a da loita do boxeador Aarón González e da súa familia por superar un accidente de tráfico, transcende a propia fronteira cinematográfica para converterse nun relato universal de superación.