Escavación e documental

'Ciudad de la Selva': a última fronte de batalla da Guerra Civil foi Casaio

Sputnik Labrego escavará de novo nos montes de Casaio en 2021, por derradeira vez, os vestixios da 'Ciudad de la Selva', cuxa historia cobrará ademais forma de documental, incluíndo secuencias de animación. Para sufragalo, abriu hoxe unha campaña de micromecenado.
Pistola atopada en Casaio. (Foto: Metrópolis)
photo_camera Pistola atopada en Casaio. (Foto: Metrópolis)

A arqueoloxía adoita relacionarse automaticamente co estudo de culturas antigas, mais non só. Esta disciplina pode achegar información sobre feitos moito máis recentes. Así o demostra o traballo de Sputnik Labrego, que permitiu estabelecer coa súa novidosa achega nos montes de Casaio "a derradeira fronte de batalla da Guerra Civil española".Bruña2trabajando

Trátase do asentamento coñecido como 'Ciudad de la Selva', que reunía, fundamentalmente, galegos e asturianos opositores ao réxime franquista. Unha historia tan apaixonante que tiña que se converter nun documental.

Revolución historiográfica

"Os datos marcan un antes e un despois ao sinalar que o enfrontamento armado remata en 1946", explica Miguel Riaño, o director do audiovisual que rescatará estes feitos para a pantalla. Isto leva a falar de dous termos que en principio admite que el mesmo confundía e que con frecuencia se empregan como sinónimos: maquis e guerrilleiro. O primeiro, que bebe do francés, faría referencia ás persoas que marcharon do Estado.

Porén, "os guerrilleiros nunca chegaron a saír", di, senón que a comporían os que foron nun primeiro momento fuxidos por mor da súa militancia ou significación política no momento do golpe de Estado de 1936, obrigados a se refuxiaren no monte para evitar a represión.ManoJosé editada

"Consérvase a acta fundacional da Federación de Guerrillas de León-Galiza en 1941, coa súa base en Ciudad de la Selva, termo acuñado por eles que recollen en castelán", di o director. "A partir de aí xa non son fuxidos, senón guerrilleiros", subliña Riaño. Desde este punto de inflexión, coa esperanza posta no desenvolvemento da II Guerra Mundial, o asentamento tornaría esa "última fronte".

"Era un monte tan mesto que nin a Garda Civil, que non era da zona, nin os falanxistas o coñecían ben", relata Riaño

"Era un monte tan mesto que nin a Garda Civil, que non era da zona, nin os falanxistas o coñecían ben", relata. Isto explica o dilatado tempo que sobreviviu a resistencia, até ser afogada pola forte presión sobre a rede de estraperlo que a sustentaba. Tratábase dun enclave estratéxico no contrabando que se movía no Bierzo, Valdeorras, Asturias e Portugal.PaisajeCasaio

A constatación desta guerrilla constitúe "unha revolución desde o punto de vista historiográfico", pois "unha cousa é que haxa un contrapoder ao status quo e outra que exista unha fronte, que foi ademais a última", sintetiza, co que se racha aliás coa idea da Galiza como territorio no que o franquismo varreu a oposición desde o minuto cero.

Por outra banda, a Galiza atópase na vangarda desta sorte de estudos historiográficos. O director de Sputnik Labrego, Carlos Tejerizo, sinala de feito que beben da experiencia previa e pioneira no Estado de Xurxo Ayán arredor da batalla de Repil, lugar da parroquia de Chavaga, en Monforte de Lemos, xa no límite coa Pobra do Brollón.

As estruturas

Sputnik Labrego traballa en Casaio desde 2017, estudando este conxunto de campamentos que a Federación de Guerrillas de León-Galiza estabeleceu como base de operacións. No monte atópanse moitas "construcións rudimentarias" usadas pola guerrilla, denominadas "chozos", seguindo o nome tradicional do pastoreo, indica Riaño. Dos preto de 50 que podería ter habido segundo a documentación, atopáronse 20, moitos deles derrubados pola extracción de lousa na zona.

No monte atópanse moitas "construcións rudimentarias" usadas pola guerrilla, denominadas "chozos", seguindo o nome tradicional do pastoreo

O éxito no traballo do grupo permite falar hoxe dun dos xacementos deste tipo "mellor documentado de Europa occidental a nivel arqueolóxico", di Tejerizo. Así, conseguiron moita información relativa a aspectos como a vida cotiá, a presenza da muller ou a organización. Situarían así no estrato da época achados curiosos, como cremas da marca Mielina ou corta uñas, o que "indica que non era xente do monte, senón que viña das cidades", traduce Riaño. Tamén apareceron outro tipo de cousas, como penicilina ou armas.BalaMausser2

A derradeira escavación

Por volta de xuño ou xullo de 2021 o equipo retornará a Casaio para levar a cabo a derradeira campaña. "Sempre é bo acabar os proxectos e cos tres anos que levamos temos datos abondo", comenta Tejerizo. O obxectivo é así "fechar o mapa de Ciudad de la Selva", un lugar que "se sabía que existía", mais do que se posuía pouca información.

Se queres seguir a ler só tes que ir ao quiosque máis próximo polo Nós Diario ou facer a compra na nosa loxa online. Que non che volva pasar isto: tramita xa mesmo a túa subscrición!

Comentarios