O actor e director Rubén Riós prepara a rodaxe da súa primeira longametraxe

Este novo proxecto formado por un documental e unha longametraxe nace co obxectivo de cruzar as barreiras das emocións e das historias que o envolven, para trasladar a unha parte da nosa sociedade que exclúe por descoñecemento, a realidade de dous dos colectivos máis fortemente golpeados pola pandemia, a soidade e a violencia xénero
Rubén Riós nunha imaxe da serie 'Vento Norte'.
photo_camera Rubén Riós nunha imaxe da serie 'Vento Norte'.

Seguindo o Método Máis ca vida nacido do documental que recibe o mesmo nome, o cineasta Rubén Riós escolle distintas localizacións na Ribeira Sacra, as Rías Baixas e Portugal, concretamente en Águeda, para levar a cabo o traballo durante meses con mulleres vítimas de violencia de xénero e da soidade, que relatarán en primeira persoa os seus testemuños a través do documental Máis vivas.

O director destaca por proxectos como o documental Máis ca vida, ligado á curtametraxe Vida, obras nacidas para romper barreiras e estereotipos no ámbito da discapacidade

Posteriormente, as imaxes obtidas durante o proceso de gravación contribuirán dunha maneira indirecta á creación do guion dunha trama de ficción creada por e para elas, onde a realidade e a ficción irán collidas pola man mediante a primeira longametraxe do director.

Os Concellos participantes, no seu compromiso coa nosa sociedade, consideraron a súa participación activa no desenvolvemento e na execución do proxecto de cara a impulsar medidas de visibilización a través do audiovisual, dunha maneira lúdica e cultural, que permitan erradicar todo tipo de violencia de xénero.

O director, con multitude de proxectos e amplos coñecementos no ámbito da vulnerabilidade e exclusión social despois de 15 anos de traballo, destaca por proxectos como o documental Máis ca vida, ligado á curtametraxe Vida, obras nacidas para romper barreiras e estereotipos no ámbito da discapacidade.

Ambas foron gañadoras de multitude de galardóns entre os que destacamos o recente premio Europeo PRIX CIRCOM ás minorías sociais no que participan máis de unha trintena de países e a actual candidatura aos galardóns Celtic Media Festival.

Comentarios