‘Nación’, de Margarita Ledo, única galega para os Goya 2022 na sección documental

“Parabéns a todas as q a fixestes posíbel”, di a directora nas redes sociais.

A actriz Mónica Caamaño non fotograma do filme 'Nación'. (Foto: Nós Diario) #nación #cinema #margaritaledo #arcosdevaldevez
photo_camera A actriz Mónica Caamaño non fotograma do filme 'Nación'. (Foto: Nós Diario)

‘Nación’, de Margarita Ledo, é o único traballo galego que entra na preselección do eido do documental para os premios Goya 2022. Unha sección na que figuran 16 documentais, dos que sairán os 4 que entrarán na recta final para recibir o premio.

Nación’ entra na pre-escolma para os Goya. A única fita galega. Parabéns a todxs xs q a fixestedes posíbel. Imos en compaña de grandes documentais, todos merecentes de recoñecemento, alento e apertas. Mil primaveras!”, manifestou nas redes sociais Ledo Andión.

De insignia da modernidade na produción de louza, a fábrica Alfares da Pontesa (parroquia de Ponte Sampaio, no concello de Pontevedra) deixaba co seu feche en 2001, logo da creba do Grupo Álvarez, centos de homes e mulleres na rúa, con salarios e indemnizacións sen pagar.

A inmobiliaria Subel adquiriu parte dos seus terreos, mais imcumpriu os acordos co persoal, que lle reclama desde entón aínda 2,5 millóns de euros.

Sobre estes feitos tece Nación, o último filme de Margarita Ledo Andión, o seu modo de traer á tona a historia velada das mulleres, neste caso no sector industrial. "Apagando a escuridade dos meus dedos", segundo un dos versos do poema de Eva Veiga, recitado por ela mesma, que abre a película.

n filme de non ficción con banda sonora de Mercedes Peón e cuxo título evoca un verso do poeta portugués Manuel António Pina. No filme agóchase unha historia de intimidade que desde Nós Produtora Cinematográfica Galega definen como a propia “da muller operaria que, dende o agro e o mar, accede ao traballo industrial”.

Comentarios