cereais

Unha grúa carga gran nun buque de mercadorías no porto ucraíno de Odessa (Foto: Nós Diario).
star
ECONOMÍA

O baixo prezo das importacións de gran ucraíno fai perigar o abastecemento

A exportación de gran de Ucraína a baixo prezo provocou que algúns Estados da UE procederan a un veto temporal destas compras. Unha crise que podería desembocar en problemas de abastecemento para os territorios dependentes desta materia, como é o caso da Galiza. A alta dependencia dos cereais foráneos coloca o país nunha situación de risco.
Colleita de gran nun campo en Odesa, no sueste de Ucraína, durante a campaña da colleita en 2022. (Foto: Nina Liashonok / Zuma Press)
star
INTERNACIONAL

Eslovaquia, Polonia e Hungría vetan as importacións de cereais de Ucraína e fenden a política comercial da Unión Europea

A Comisión Europea cuestiona as medidas unilaterais de países de Europa central e oriental ao vetar as importacións ucraínas perante os efectos no seu sector agrícola, mentres que estes Estados acusan Bruxelas de non responder as súas peticións de debater o asunto previamente.
Plantación de sorgo no departamento francés de Yonne. (Foto: Olive Titus)
INTERNACIONAL

A ONU fomenta o paínzo como exemplo de cultivo adaptábel ao cambio climático

Organizacións internacionais decidiron dedicar un Ano Internacional ao millo miúdo, tratando de recuperar e expandir o cultivo dun cereal moi ben coñecido na Galiza, e que conta con varios factores que o converten nunha importante aposta para combater a fame no planeta ou adaptar os cultivos perante a nova realidade xerada polo cambio climático, que require unha maior resiliencia.
Integrantes do Centro Conxunto de Coordinación do corredor humanitario revisan un barco. (Foto: Levent Kulu / OCHA)
INTERNACIONAL

Rusia e Ucraína prorrogan 120 días o corredor humanitario no mar Negro

A exportación de cereais ucraínos polo mar Negro prolongarase cando menos catro meses tras o acordo entre as partes. Na primeira etapa menos de 4% dos alimentos foron enviados a países de baixos ingresos. Mentres, Polonia admite "fortes presións" para culpar Rusia do mísil ucraíno que caeu no país da UE.

Edificio atacado en Borodianka a quinta feira. (Foto: Ukrinform / dpa)
INTERNACIONAL

Moscova confirma o final do repregamento no oeste do Dniéper

As forzas ucraínas anuncian a entrada en Khersón tras confirmar Rusia a súa retirada da zona cara á marxe leste do río Dniéper. Amais, avanzan as conversas para estender o corredor humanitario despois que Países Baixos liberara unha carga de fertilizantes rusos dirixida a África, retida por mor das sancións a Rusia.
Vladimir Putin, presidente de Rusia. (Foto: Kremlin / dpa)
INTERNACIONAL

Rusia anuncia a retirada da cidade de Khersón e do oeste do Dniéper

Zelenski define a situación en Donetsk como "difícil" mentres medios internacionais sitúan Khersón como o principal foco dos combates nas vindeiras semanas, mais só na marxe leste do río Dniéper, tras o anuncio da retirada das tropas rusas do resto da rexión.
O presidente de Ucraína, Volodimir Zelenski (Foto:  Ukraine Presidency / Planet Pix vi / DPA)
INTERNACIONAL

Zelenski ábrese a negociar con Rusia tras reclamarllo os Estados Unidos

Moscova responde as condicións impostas por Kíiv que non ten condicións previas para negociar a excepción da boa vontade. Mentres, Ucraína confirma que participará na xuntanza do G20 en Indonesia.
Edificio utilizado como base por Rusia en Izium e recuperado por Ucraína, a segunda feira (Foto: Ukrinform / dpa).
INTERNACIONAL

As aseguradoras bloquean as exportacións de gran ucraíno polo corredor humanitario

Despois de alertar nos últimos días desta posibilidade no caso de que non se reactivase o acordo para o corredor humanitario, as empresas de seguros fechan definitivamente a posibilidade de continuar cos envíos de gran nesta situación.
Plantación de trigo localizada na comarca da Baixa Limia, onde, ao igual que no resto do país, a produción deste cereal descendeu (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

A Galiza perdeu en seis anos 2.792 hectáreas dedicadas ao cultivo de trigo

A produción de cereais na Galiza leva descendido de maneira drástica nas últimas décadas e o trigo non é unha excepción.
Agricultura (Foto: Xunta da Galiza).
ECONOMÍA

A crise abre as portas a recuperar o potencial perdido na produción de millo para pensos

O país presenta excedentes no que atinxe á produción para forraxes, porén o millo para pensos ten aínda moito potencial.
A guerra en Ucraína acelera o desabastecemento de materias primas (Foto: Monadela).
ECONOMÍA

O desabastecemento xa é unha realidade: empresas agrícolas paralizan a produción pola falta de cereais

Fontes do sector primario sinalan a 'Nós Diario' que a Cooperativa Xallas tivo que cesar a súa produción de alimentos para animais porque "xa non quedan cereais" por mor da guerra en Ucraína.
Vacas nunha granxa (Nós Diario)
ECONOMÍA

O agro pide axudas e frear a especulación cos cereais para evitar o feche de granxas

Fruga pide ás administracións que actúen para conter o impacto da suba de prezos nas granxas; do contrario, chamará á mobilización.
Vista dunha pequena explotación gandeira. (Foto: Europa Press)
ECONOMÍA

A guerra pasa factura: a Galiza quedará sen cereal "en dous ou tres meses"

A acusada suba do prezo da cebada e o millo, sumada ao incremento dos custos de fertilizantes e combustíbeis, podería provocar a "desaparición" das explotacións gandeiras, advirte o conselleiro do Medio Rural, José González.
A presidenta do Executivo da UE, Ursula von der Leyen. (Foto: Dirk Waem / Belga / DPA)
Agora

A Unión Europea renova un ano máis a exención de aranceis para produtos ucraínos

Os Estados membros e o Parlamento da Unión Europea fecharon a cuarta feira un acordo para estender 12 meses a liberalización á entrada de mercadorías de Ucraína, que non pagan aranceis desde 2022. Logo das protestas das persoas labregas, o pacto introduce un mecanismo que permite reactivar os aranceis se as importacións de avea, ovos, aves, azucre, millo, sémola ou mel superan os volumes medios das importacións entre 2021 e 2023.