Berria

O candidato a lehendakari de EH Bildu, Pello Otxandiano (Foto: Raul Bogajo / Foku).
Eleccións vascas

Pello Otxandiano (Bildu): "A próxima parada é un status político que nos recoñeza como nación"

Cre que o mapa político de Euskadi vai cambiar e ve nese terreo de xogo posibilidades de acordos amplos, sobre todo entre as forzas nacionalistas. Quere pactos que sumen "un proxecto de país", coa mirada posta no medio prazo. Pello Otxandiano (Otxandio, Bizkaia, 1983), que atendeu Berria, está convencido de que é tempo de cambio e ten claro que nesa nova etapa serán imprescindíbeis os pactos entre diferentes.

Imanol Pradales é o candidato do PNV. (Foto: Oskar Matxin Edesa / Foru)
Eleccións vascas

Imanol Pradales (PNV): "Ninguén sabe o resultado, mais estou convencido de que recuperaremos a confianza da cidadanía"

As enquisas apuntan a que este domingo en Euskadi a xornada electoral estará moi disputada entre o EH Bildu e o PNV. O último barómetro do CIS situaba a esquerda abertzale con 34,7% dos votos, adiantando pola mínima á formación jeltzale (33,1%). Sexa como for, hai dúas cuestións claras: haberá novo lehendakari após o PNV non volver presentar Urkullu e ben sexa Pello Otxandiano (Bildu) ou Imanol Pradales (PNV), o presidente vasco será nacionalista.

Até pronto!

Estado en que quedou a madrileña rúa Claudio Coello após o atentado contra Luis Carrero Blanco. (Foto: EFE / Berria)
star
INTERNACIONAL

"E voou": fanse 50 anos do asasinato de Carrero Blanco a mans de ETA

Hoxe fanse 50 anos da Operación Ogro, cando un grupo formado por tres militantes da ETA asasinou o presidente do Goberno español, Luis Carrero Blanco, en plena ditadura franquista. Esta é a historia duns feitos que cambiaron o curso da historia.

O xornalismo, unha profesión marabillosa

Até a volta!

Martxelo Otamendi xubílase o 30 de xuño, tras trinta anos como director, primeiro de 'Egunkaria' e posteriormente de 'Berria'. (Foto: Gorka Rubio / Foku)
star
Entrevistas

Martxelo Otamendi, un home de esforzo e acción

Martxelo Otamendi (Tolosa, Gipuzkoa, 1957) xubílase o 30 de xuño e, tras 20 anos como director, dálle ao relevo a Amagoia Mujika á fronte de 'Berria', o único diario en papel euskaldún, que o pasado sábado celebraba o vinte aniversario nun acto ao que asistiron máis de 600 persoas. Aténdenos un día despois da mesa redonda que compartiu connosco e con Vicent Partal, director do diario dixital catalán 'Vilaweb', e pouco antes de recibir ducias de representantes de diversos medios de comunicación europeos que se desprazaron a Donostia para participar na asemblea anual da asociación Midas que el mesmo organizou.
Martxelo Otamendi, durante a entrevista concedida a 'Nós Diario'.
O xornalista vasco xubílase

Martxelo Otamendi, director de 'Berria': "Foi duro ao comezo, moi duro, porque nos detiveron e nos torturaron"

Martxelo Otamendi (Tolosa, Gipuzkoa, 1957) xubílase o 30 de xuño e, tras 20 anos como director, dálle ao relevo a Amagoia Mujika á fronte de Berria, o único diario en papel euskaldún, que o pasado sábado celebraba o vinte aniversario nun acto ao que asistiron máis de 600 persoas. Aténdenos un día despois da mesa redonda que compartiu connosco e con Vicent Partal, director do diario dixital catalán Vilaweb, e pouco antes de recibir ducias de representantes de diversos medios de comunicación europeos que se desprazaron a Donostia para participar na asemblea anual da asociación Midas que el mesmo organizou. Publicamos un extracto da conversa, que será publicada de maneira íntegra no Sermos Galiza deste sábado, á venda con Nós Diario nos quioscos habituais.

Detalles do 'Sermos Galiza' deste sábado.
CULTURA

A retirada do xornalista Martxelo Otamendi protagoniza o 'Sermos Galiza'

O novo número do semanario protagonízao o xornalista e director do diario vasco 'Berria', que se xubilará a vindeira semana após 20 anos á fronte do xornal e unha ampla e exemplar traxectoria na profesión. Neste 'Sermos' rememoramos tamén a proclamación da República Galega en 1931 e a obra do arquitecto José Ángel Carreira Montes, así como as últimas novidades na música, o cinema ou o sector literario.

Martxelo, un mestre

Martxelo

De esquerda a dereita, Vicent Partal, Martxelo Otamendi e María Obelleiro. (Foto: Jon Urbe / Foku)
Medios

O 'Galeusca de directores' analiza en Donostia os desafíos do xornalismo

Debate con María Obelleiro, Vicent Partal e Martxelo Otamendi.
O xornalista Martxelo Otamendi xubílase despois de 30 anos como director (Foto: Berria).
INTERNACIONAL

Amagoia Mujika toma o relevo de Martxelo Otamendi á fronte de Berria

Martxelo Otamendi xubílase despois de traballar 30 anos como director, primeiro en Euskaldunon Egunkaria e despois en Berria.
Entrada á Audiencia Nacional. (Foto: Óscar Cañas / Europa Press).
INTERNACIONAL

Os sete candidatos de EH Bildu que foron condenados pola Audiencia Nacional renunciarán aos cargos de edís

Os condenados deixaron claro que a intención non é ocultar o seu pasado: “Cremos que son necesarios actos de memoria honestos, construtivos e completos. Non queremos un futuro sen pasado, pero non podemos aceptar a actitude dos sectores reaccionarios que queren condenar o noso país a un pasado sen futuro”.

Un clásico no Parlamento vasco

Mocións de censura a un lado e outro

Sorpresa desde Escocia

Unha porta aberta á esperanza

O xornalista Martxelo Otamendi xubílase despois de 30 anos como director (Foto: Berria).
Director de 'Berria'

Martxelo Otamendi: "O máis importante é facer un xornal de calidade"

Martxelo Otamendi (Tolosa, Euskadi, 1957) é director do diario vasco en euskera 'Berria' e foino antes de 'Egunkaria'. Este sábado intervirá nun coloquio organizado por Sermos Galiza  aberto a persoas subscritoras e lectoras, na Nave de Vidán, en Compostela, xunto a María Obelleiro ('Nós Diario') e Vicent Partal ('Vilaweb').

María Obelleiro (Nós Diario), Vicent Partal (VilaWeb) e Martxelo Otamendi (Berria), nun encontro organizado polo xornal catalán en setembro.
Xornalismo

'Nós Diario' organiza un coloquio cos directores de 'Berria' e 'VilaWeb' sobre o panorama informativo nas nacións sen Estado

O encontro está aberto ás persoas subscritoras e colaboradoras e decorrerá o sábado 5 de novembro na Nave de Vidán (Compostela).