Opinión

Mocións de censura a un lado e outro

Odestino quixo que se presentasen tres mocións de censura nunha mesma semana, dúas en Francia e unha en España. Das dúas mocións presentadas na Asemblea Nacional francesa contra a primeira ministra Élisabeth Borne, só unha podía saír adiante: a presentada polo pequeno pero intelixente grupo LIOT. Ao final, non o conseguiu por pouco: eran necesarios 287 votos, e reuniu 278. Faltáronlle nove votos para pór patas arriba o Goberno de Francia. Macron debe a Marine Le Pen a súa vitoria nas eleccións de 2017 e de 2022. Foron os votos contra Le Pen os que o levaron até a Presidencia neses dous comicios, e se non fose pola modificación restritiva que en 2008 realizaron na constitución —só se pode ser presidente durante dous períodos seguidos—, con Macron habería presidente para longo. Sobre todo mentres o centro-dereita e a esquerda non atopen ningún candidato sólido.

A outra moción de censura da semana presentouse no Congreso de Madrid. Nunha magnífica xogada de estratexia, Vox atraeu o foco informativo colocando o histórico militante Ramón Tamames como suposta alternativa a Pedro Sánchez.

O comportamento de Tamames demostra que os movementos en política adoitan ir da esquerda 
á dereita

A moción de censura represéntase formalmente contra o presidente que está no cargo, pero non foi ese o obxectivo de Vox, pois sabía que non contaría co apoio necesario para desaloxar Sánchez da Moncloa. Non era iso o que pretendía. O único obxectivo de Vox era quitar esa opción ao líder do PP e candidato a presidente Alberto Núñez Feixoo. Os votos que Vox poida recoller quitarallos ao PP, non ao PSOE. Así, é comprensíbel que Feixoo se atopase incómodo, estando como estaba atrapado entre Vox e o PSOE. Case todas as enquisas dano por vencedor das próximas eleccións, e ser o axente pasivo na moción de censura só 
pode prexudicalo.

Unha última consideración: o comportamento de Tamames demostra unha vez máis que os movementos en política adoitan ir da esquerda á dereita, e non ao revés. 

Comentarios