NÓS DIARIO AGRADECE O APOIO AO XORNALISMO GALEGO
Entrevistas e reportaxes de análise, contidos do semanario Sermos Galiza, acceso ao xornal con lectura anticipada, consulta dixital de toda a hemeroteca.
Xusto ao ano do pasamento do gran mestre e amigo Francisco Carballo
“As motivacións da miña vida sempre foron evanxélicas, nunca busquei na política ningún interese persoal. Considerei a miña actuación política como unha participación nun ámbito democrático e para colaborar coa democracia neste país; porque crin que era necesario defender o país nunha liña de liberación” (Victorino Pérez, Galegos e Cristiáns, Vigo 1995).
A pesar do papa jesuita-franciscano Francisco e a súa presunta revolución da Igrexa a prol dos ideais evanxélicos, e mesmo despois de ter elixido para un alto cargo no Vaticano a un antigo superior xeral da querida orden franciscana –para máis, galego-, a comezos de mes soubemos que pechaba o convento de Herbón, despois de seis séculos activo
Coa dor aínda ben viva en Compostela polas mortes da curva de Angrois -un absurdo accidente froito da mestura entre imprudencias e recortes asasinos en seguridade ferroviaria que afogou, na dor polos preto dos 80 mortos, a ledicia das festas compostelás e as manifestacións do día da patria-, a gaita soaba melancólica na igrexa da Compañía de María, a carón do vello edificio da Universidade compostelán, co son do himno do antigo Reino de Galiza para dicirlle o derradeiro adeus da familia, irmás de congregación e numerosas amigas e amigos a unha monxa atípica: Herminia Estoa Bouso.
Neste mes de maio estase a celebrar o 65º aniversario da Nakba palestina, que conmemora un funesto 15 de maio, no que a declaración do estado de Israel primeiro e a expansión violenta nos territorios palestinos, foi levando a milleiros de homes, mulleres e nenos a ser [email protected] pola forza dos seus lares polo sionismo xudeu, e [email protected] a viviren en campos de [email protected], iniciándose un éxodo progresivo que dura até hoxe.