Vía Galega

1Galiza Nazon-3
MEMORIA E HISTORIA

Vía Galega lembra o 90 aniversario do recoñecemento da Galiza como nación

O sábado 16 de setembro, o salón de actos do Museo do Pobo Galego acolle un congreso baixo o título "Recoñecemento Internacional da Galiza Nación". A iniciativa, presentada onte en rolda de prensa, está promovida pola plataforma social Vía Galega, coincidindo co 90 aniversario do recoñecemento da Galiza como nación por parte da Sociedade de Nacións.
Plácido Castro no domicilio familiar de Corcubión, 
nos anos 20. (Foto: Fundación Plácido Castro)
MEMORIA E HISTORIA

Vía galega organiza un congreso no 90 aniversario da declaración da Galiza como nación

No mes de setembro, que mañá comeza, fanse 90 anos do recoñecemento da Galiza como nación oficial no IX Congreso de Nacionalidades Europeas. Para celebrar a efeméride, a plataforma social Vía Galega organiza un congreso con diferentes relatorios que repasarán a proxección da Galiza no ámbito internacional e o labor de figuras como 
a de Plácido Castro.
 
Representantes da comisión promotora da ILP para a reparación do himno no Parlamento. (Foto: Arxina).
SOCIAL

Case 16.000 sinaturas apoian a restitución do himno galego

A comisión promotora da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para a restauración do texto fidedigno do himno galego e a súa difusión presentou onte ante a Xunta Electoral da Galiza 15.857 sinaturas que chaman ao Parlamento a acoller na Lei de símbolos da Galiza a letra orixinal do himno de Pondal.
Entrega das sinaturas esta segunda feira no Parlamento da Galiza (Foto: Arxina).
CULTURA

Entregan 15.857 sinaturas en apoio da ILP para a restauración do texto fidedigno do himno galego

En nome de Vía Galega e Galiza Cultura, Anxo Louzao agradeceu a total disposición das 30 persoas da comisión promotora, mais tamén a de cada unha das persoas asinantes e das entidades e organizacións que se implicaron na recollida de sinaturas "para facer factíbel que a poidamos defender no Parlamento".
Homenaxe floral aos Mártires de Carral no 177 aniversario da Revolución Galega de 1846. (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Vía Galega reivindica unha 'memoria acesa' na conmemoración da Revolución Galega de 1846

A plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza realizou unha ofrenda floral en homenaxe aos Mártires de Carral.
A coral da Asociación Solfa é un dos conxuntos do país que xa interpreta o Himno da Galiza na súa versión non deturpada. (Foto: Solfa)
star
CULTURA

A deturpación do Himno galego debaterase no pleno da Real Academia Galega

A plataforma social Vía Galega promoveu xuntanzas tanto cos tres grupos políticos que forman parte do Parlamento da Galiza como coa RAG para emprazalos a tomar posición a respecto da restauración do Himno galego, deturpado institucionalmente.  
CULTURA

Galiza Cultura e Via Galega presentan á Real Academia Galega a iniciativa popular que chama a restituír o Himno galego

A delegación solicitou da RAG o seu apoio á proposición de lei de iniciativa lexislativa popular (ILP) para a restauración do texto fidedigno do Himno galego e a súa difusión
Integrantes da plataforma Via Galega na presentación da campaña 'Os símbolos nacionais da Galiza'. (Foto: Vía Galega)
SOCIAL

Vía Galega continúa coa divulgación dos símbolos nacionais coa publicación dunha videorreportaxe

A plataforma social en defensa dos dereitos nacionais da Galiza dá o seguinte paso na súa campaña de promoción e divulgación dos símbolos nacionais coa publicación dunha videorreportaxe e cunha recollida de sinaturas para acadar a restauración do texto "fidedigno" no himno galego.

Ano novo, vida nova?

Contraste

Sen servizos públicos non hai democracia

A deputada popular Guadalupe Murillo, sostendo con cautela unha estreleira. (Foto: Arxina).
DEPORTES

O PP bloquea no Parlamento o camiño á oficialidade das seleccións deportivas galegas

O deporte é paixonal, e o debate no Parlamento da Proposición de Lei de Iniciativa Popular que promove que as seleccións nacionais da Galiza poidan competir oficial e internacionalmente foi o vivo exemplo. Defendida polo BNG e gabada e criticada ao mesmo tempo polo PSOE, o PP dixo "non" con formas "propias de estadio de fútbol".
Anxo Louzao xunto a María Antonia Pérez, Manuel Ferreiro e Marcos Maceira no rexistro do Parlamento galego. (Foto: Arxina).
SOCIAL

Unha iniciativa popular chama a restituír o himno de Pondal

As plataformas Galiza Cultura e Vía Galega presentaron onte no rexistro do Parlamento da Galiza unha proposición de lei de iniciativa popular para a restauración do texto fidedigno do himno galego e a súa difusión. "É unha cuestión de xustiza histórica". 
Integrantes de Vía Galega entregaron en 2022 no Parlamento sinaturas para reivindicar a oficialidade. (Foto: Nós Diario)
DEPORTES

A oficialidade das seleccións galegas, a debate no Parlamento

A Cámara galega discutirá a PNL promovida por Vía Galega o 1 de decembro  
Acto de izado da bandeira galega este sábado en Vigo (Foto: Nós Diario).
CULTURA

A bandeira da Galiza foi pendurada este sábado ao longo das comarcas do país

Os actos de izado da bandeira, promovidos por Vía Galega, tiveron como motivo a conmemoración do 104 aniversario da I Asemblea Nacionalista.
A obra, da autoría de Manuel Ferreiro e Xoán Costa, fai un percorrido polas orixes dos símbolos nacionais. (Foto: Nós Diario)
Agasallo para lectoras

Queres coñecer a historia do himno e a bandeira? Este sábado, con 'Nós Diario', a publicación 'Símbolos nacionais de Galiza'

A obra, editada por Vía Galega, entregarase de balde xunto a este xornal.
Manuel Ferreiro e Xoán Costa debullaron o significado da bandeira e o himno nun acto moderado pola profesora Pilar Reino (Vía Galega). [Foto: Arxina]
SOCIAL

Vía Galega dá a coñecer a orixe histórica do himno e da bandeira

Nós Diario entregará este sábado, 19 de novembro, a obra Símbolos nacionais de Galiza editada por Vía galega no marco da campaña que busca divulgar e popularizar a bandiera e o himno galegos.
Manuel Ferreiro e Xoán Costa presentaron onte en Ferrol 'Os símbolos nacionais da Galiza'. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

O himno e a bandeira da Galiza, "símbolo do que somos"

Coincidindo coa conmemoración dos 104 anos da I Asemblea Nacionalista Galega, Vía Galega convida toda a cidadanía a exhibir e popularizar a simboloxía nacional. Entre o 14 e o 19 deste mes chama a engalanar as fiestras coa bandeira da Galiza e a recuperar o himno orixinal concibido por Eduardo Pondal.

Co entusiasmo que esperta no ánimo o Sentimento da patria

O gaélico xa compite internacionalmente, pero o seleccionador da Irmandiña, Jano Sanmartín, di que lle gustaría ver "máis seleccións". (Foto: GAA).
DEPORTES

Vía Galega celebra timidamente unha nova Lei do Deporte "que abre portas"

A plataforma agarda que inflúa positivamente na súa ILP pola oficialidade