Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
Valentín González Formoso e Xosé Regueira, presidente e vicepresidente da Deputación da Coruña, o primeiro do PSdeG-PSOE e o segundo do BNG, reabriron hoxe o eterno debate na Coruña sobre o nome que debe levar o teatro máis grande da cidade. Para Formoso, hai "mil maneiras" de homenaxear a intérprete mantendo a denominación actual, Teatro Colón; pola contra, Regueira pide "debatelo" porque ela "ten dereito" a recibir esta distinción e que o edificio pase a chamarse Teatro María Casares. O debate vén xa de vello.
E vostede, como cre que debería denominarse o edificio?
A obra contará con un mínimo de 40 representacións nas cidades e vilas galegas grazas á colaboración de concellos e Deputacións.
Este sábado o Teatro Colón da Coruña acollerá a actuación de Doa. Será o último concerto do ciclo 'Pioneirxs da Música Galega', que organiza o departamento de Cultura da Deputación da Coruña. Doa homenaxeará a Xaquín Blanco, integrante durante anos da banda e falecido hai tres anos, e interpretará en directo O son da estrela escura (1979), o seu primeiro disco. Un dos fundadores, Xoán Piñón, conversa con Nós Diario sobre a historia do grupo.
Este domingo a Irmandade da Música Galega ofrece no Teatro Colón da Coruña un percorrido por obras do patrimonio musical galego.
O Teatro Colón da Coruña acollerá a vindeira semana un novo programa sobre "A cultura é un dereito". A xornada tratará o papel das mulleres no panorama audiovisual e dixital.
César Goldi, Paula Carballeira, Chévere, Quico Cadaval, Ibuprofeno Teatro, Xulio Abonjo e Talía Teatro participan no espectáculo de entrada gratuíta co que a Deputación “conmemora” satiricamente o 80 aniversario da “doazón” do Pazo de Meirás a Franco
A gala final do concurso musical infantil e xuvenil da Deputación da Coruña vai ter lugar este sábado no Teatro Colón a partir das 18:00 horas.
O Teatro Colón da Coruña acolleu durante a xornada deste sábado un encontro entre unhas 200 profesionais do ámbito da escenografía galega no marco da iniciativa “A Cultura é un dereito”, unha proposta da área de Cultura da Deputación da Coruña.
Un ateigado Teatro Colón rendeu tributo este sábado á memoria do poeta e concelleiro do BNG de Malpica Paco Souto (1962-2017).
A Deputación da Coruña vén de anunciar que xestionará directamente o Teatro Colón desde a extinción do contrato de xestión privada até a súa transferencia definitiva ao Concello da Coruña ao longo do ano 2018. A Deputación garante, con esta decisión, a continuidade da programación do espazo cultural do que é titular.