DakhaBrakha, a banda máis famosa da Ucraína, actuará no Teatro Colón da Coruña

DakhaBrakha é un proxecto do Centro de Arte Contemporáneo de Kíiv coñecido por "reforzar a identidade" a partir da reinvención da tradición ucraína.
O cuarteto ucraíno combina estilos musicais de grupos étnicos. (Matthew B. Thompson)
photo_camera O cuarteto ucraíno combina estilos musicais de grupos étnicos. (Matthew B. Thompson)

A banda ucraína DakhaBrakha actuará o próximo 20 de xaneiro no Teatro Colón da Coruña. Será dentro do ciclo de concertos "Suseia et Ultreia. Todos os Pobos, Linguas e Tribos".

DakhaBrakha é un proxecto do Centro de Arte Contemporáneo de Kíiv coñecido por "reforzar a identidade" a partir da reinvención da tradición ucraína mesturando estilos musicais de grupos étnicos ao tempo que tocan multitude de instrumentos.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios