QUE FACER?

O Poder do Arcabuz, a revolución irmandiña sobre as táboas do Colón

o-poder-do-arcabuz
photo_camera Un momento de "O poder do arcabuz"

Os efectos da mina na saúde

Touro

Local social de Loxo

Sexta feira

20h

A charla informativa centrarase nos efectos nocivos que presenta o sector mineiro para a poboación, a cargo de especialistas de ADEGA.

Punto e Volta

Cerceda

Auditorio

Sexta feira

21h

Presentación e encerramento do proxecto Punto e Volta coa música e cos contos de Richi Casás e das Pandereteiras das Encrobas.

O Poder do Arcabuz

A Coruña

Teatro Colón

Sábado e domingo.

Últimas datas! Despídese após este musical de grande éxito que recrea a Revolución Irmandiña que tivo lugar na Galiza na Baixa Idade Media. Trátase dun espectáculo que combina música e danza en gran formato, con case un cento de artistas no escenario. A compañía Quique Peón Cía. e o Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina xúntanse para facer unha das obras máis ambiciosas do país.

A Banda da Loba

Vilar de Santos

A arca da Noe

Sábado.

22h

A banda da loba continúa a súa xira con este concerto presentación do seu disco “Bailando as Rúas”, un álbum que bebe do rock, do pop, do folk...

XI Festival das Minas 

A Pontenova

Praza dos Fornos

Sábado.

20.00h

Con catro bandas musicais: Luar na Lubre coa presentación do seu novo álbum; o grupo de folk da asociación A leña verde de Pol; Los Claretes e Los Limones. 

Gala Ano do Patrimonio

Cangas 

Auditorio Municipal de Cangas

Sábado.

20.00h

A gala será presentada pola actriz Isabel Risco e contará coa Coral Polifónica de Bueu, Xurxo Souto, Pelepau, Regueifeir@s, Teatro de Ningures, Budiño ou Mercedes Peón, entre outros. 

Cancións para crianzas

Carballo

Auditorio do pazo da Cultura

Domingo

18.00h

Concerto infantil da fadista María do Ceo con poemas musicados e cancións sobre a igualdade, a solidariedade, as linguas, a diversidade ou os animais. 

CultRural

Santiago de Compostela

Até o 19 de decembro.

Diversos espazos

O mundo rural sitúase na vangarda e acolle un extenso programa con conferencias, exposicións, gastronomía, cinema e literatura. Nos días 15, 16 e 17 terán lugar as Xornadas da Cabra, onde diferentes restaurantes acollen menús con carne de cabra de principal. E durante os días 18 e 19 será o visionado das cintas gañadoras no IV FICRural de Galiza.