Maio vai ser o mes do jazz no Teatro Colón da Coruña

A Deputación da Coruña vén de presentar o novo ciclo “Maio Jazz”, que se desenvolverá no escenario do Teatro Colón da Coruña todos os domingos do mes. Unha iniciativa para a que se vai contar coa música de Oîma, Pablo Sanmamed, María Toro e Margarida Mariño.
EuropaPress_3667074_presentacion_ciclo_mayo_jazz
photo_camera Mariño, Ameixeiras, Couto e Sanmamed. (Foto: Torrecilla / Europa Press)

A Deputación da Coruña vén de presentar o novo ciclo “Maio Jazz”, que se desenvolverá no escenario do Teatro Colón da Coruña todos os domingos do mes. Unha iniciativa para a que se vai contar coa música de Oîma, Pablo Sanmamed, María Toro e Margarida Mariño.

"Comprácenos presentar un novo ciclo, porque neste tempo xa é unha boa noticia dar conta de algo que nace porque apunta ao proceso de recuperación que a música ao vivo precisa e, máis aínda, se fala da altura da música de jazz que se fai no noso país", sinalou o deputado de Cultura, Xurxo Couto, na presentación.

"Na tradición do jazz queremos situar este ciclo que contén propostas extraordinarias que mostran a vitalidade e calidade desta nova xeración de artistas", sinalou o deputado.

Xunto a el estiveron Margarida Mariño, Pablo Sanmamed e Antía Ameixeiras, do grupo Oîma, que abrirá o festival. Ameixeiras aproveitou para anunciar que o vindeiro día 2, ás 20 horas, o espectáculo se vai acompañar cunha videocreación en directo que formará parte dun “concerto moi especial de estrea co que agardamos que o público goce xa que a idea é transmitir moitas sensacións". O espectáculo que Oîma subirá ás táboas do Colón leva por nome Ala!

O domingo 9 chega a quenda de Pablo Sanmamed e o seu Ben vennas maio, "un camiño aberto ás Cantigas de Afonso X a través de dúas linguaxes que se encontran, as da música medieval e o jazz, para o que o contrabaixista e compositor se rodea das músicas Begoña Olavide, Elena Tarrats, Xurxo Varela, Iago Mourinho, Chus Pazos e Carlos Castro.

A violoncelista viguesa Margarita Mariño presentará o domingo 16 de maio Cello&Electronics, o seu primeiro traballo en solitario no que experimenta con xéneros onde o seu instrumento non é tan común, alén do jazz, chega á música espontánea e á improvisación. 

O programa de "Maio Jazz" vaino fechar a frautista coruñesa María Toro, que presentará o seu traballo Fume o domingo 30 de maio, como sempre ás 20 horas. Unha artista que "incorpora a súa música aos diferentes contextos polos que pasou, nunha aprendizaxe continua que se plasma nos seus traballos".

Na última década traballou en Suíza, nos Estados Unidos de América e no Brasil e agora recala na súa cidade.

Comentarios