RFEF

O presidente da Federación Española de Fútbol, Luis Rubiales (Foto: Oscar J. Barroso / Afp7 / Europa Press).
DEPORTES

Rubiales pide o arquivo da súa causa ante o Tribunal de Arbitraxe Deportivo

O mandatario denuncia que está sufrindo un "linchamento".
Jennifer Hermoso xoga no Pachuca mexicano. (Foto: COI)
DEPORTES

Jenni Hermoso afirma que sufriu ameazas logo do bico de Rubiales

"Son máis consciente do que significa o feminismo", defende.
Luis Rubiales abandonando a sede da Audiencia Nacional após a súa declaración ante o xuíz, o pasado 15 de setembro. (Foto: A. Pérez Meca / Europa Press)
DEPORTES

Luis Rubiales, inhabilitado durante tres anos pola FIFA

O organismo reitor do fútbol mundial reitera o seu "compromiso absoluto de respectar e protexer a integridade de todas as persoas, e de velar por que se respecten as normas básicas da conduta cívica".
Víctor Francos, presidente do Consello Superior de Deportes (CSD). (Foto: Europa Press).
DEPORTES

As deportistas deberán estar "localizábeis": así é a nova Lei Antidopaxe

Reforma a anterior normativa, que databa de 2009.
Jorge Vilda (no centro), esta terza feira, antes da súa comparecencia. (Foto: Europa Press)
Xustiza

Jorge Vilda nega coaccións sobre Jennifer Hermoso

O que lle trasladou a un familiar da futbolista, dixo en sede xudicial, é que talvez o mellor sería que a propia Jenni "saíse en público a contar a súa propia versión do sucedido" para tratar de "baixar o suflé".
Jennifer Hermoso, á súa chegada a Eivissa coa selección española. (Foto: Francisco Guerra / Europa Press)
Xustiza

A declaración de Jennifer Hermoso ante a Fiscalía: "Non me sentín respectada como persoa"

A futbolista reiterou en sede xudicial que o bico que lle propinou Luis Rubiales non foi consentido e que sufriu moitas presións desde a RFEF para quitar ferro ao sucedido após a final do Mundial.
O ex presidente do Barça Josep Maria Bartomeu figura na causa como imputado canda o seu predecesor, Sandro Rosell. (Foto: Europa Press)
Xustiza

'Caso Negreira': o Barça, imputado por un delito de suborno

A Garda Civil rexistra as instalacións do Comité Técnico de Árbitros, dentro da sede da RFEF, no marco da investigación dos pagamentos ao ex vicepresidente desta institución, José María Enríquez Negreira. Están a ser investigados os ex dirixentes blaugranas Josep Maria Bartomeu e Sandro Rosell.
Luis Rubiales saudando a Jorge Vilda nunha rolda de prensa da selección española. (Foto: Oscar J. Barroso / AFP7 / Europa Press)
Xustiza

'Caso Rubiales': Jorge Vilda, imputado polas "presións" a Jenni Hermoso

O ex seleccionador español comparecerá ante o xuíz da Audiencia Nacional o vindeiro 10 de outubro canda outros dous altos cargos da RFEF, Albert Luque e Rubén Rivera, logo de que o irmán da futbolista afirmase en sede xudicial que Vilda a presionara para protexer a Luis Rubiales.
Luis Rubiales á saída da Audiencia Nacional (Foto: A. Pérez Meca / Europa Press).
SOCIAL

O xuíz do caso Rubiales interroga esta semana achegados a Jenni Hermoso e cargos da RFEF

Fontes xurídicas informaron que o titular do Xulgado Central de Instrución Número 1, Francisco de Jorge, tomará declaración esta segunda feira aos achegados á xogadora e aos peritos que acudirán a sede xudicial para ratificar o informe achegado pola defensa de Rubiales á Audiencia Nacional.
Luis Rubiales e a letrada Olga Tubau na Audiencia Nacional (Foto: A. Pérez Meca / Europa Press).
Xustiza

A Fiscalía pide unha orde de afastamento para Rubiales após a vista na Audiencia Nacional

O ex presidente da RFEF insiste en que o bico a Jenni Hermoso foi "consentido" nunha comparecencia de 45 minutos diante do xuíz.
Eurodeputadas en Bruxelas. (Foto: Nós Diario)
DEPORTES

A Eurocámara di que o bico de Rubiales foi "vergoñoso"

O bico non consentido de Rubiales á xogadora do Pachuca chegou esta quinta feira a Bruxelas.
Luis Rubiales e Rafael Louzán nunha imaxe de arquivo (Foto: RFGF).
DEPORTES

Rubiales declarará ante a Audiencia Nacional o 15 de setembro

O ex dirixente da RFEF comparecerá como imputado
O ex presidente da RFEF, Luis Rubiales, durante unha rolda de prensa cando aínda estaba no cargo. (Foto: Europa Press)
Análise

A presión forza a dimisión de Rubiales

"Ding Dong! The Witch is dead. Which old Witch? The Wicked Witch! Ding Dong! The Wicked Witch is dead". Non caeu a Cruel Bruxa do Mago de Oz, non, senón outra personaxe que tamén adquirira características de malo de conto, o presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Luis Rubiales.
O presidente suspendido da RFEF, Luis Rubiales, nunha rolda de prensa. (Foto: AFP7 / Europa Press)
DEPORTES

Luis Rubiales dimite sen asumir erros e culpando os "poderes fácticos" da súa caída

O xa ex presidente da RFEF marcha insinuando inxerencias externas no seu caso: "É evidente que non poderei volver ao meu cargo. Hai poderes fácticos que impedirán a miña volta".
O presidente da Federación Española de Fútbol, Luis Rubiales (Foto: Oscar J. Barroso / Afp7 / Europa Press).
SOCIAL

A Fiscalía interpón oficialmente unha querela contra Rubiales por agresión sexual

Na querela, a tenente fiscal da Audiencia Nacional, Marta Durántez, solicita ao xuíz que tome declaración a Luis Rubiales, en condición de investigado, e a Jenni Hermoso como vítima. Así mesmo, solicita que se solicite información das autoridades australianas sobre a tipificación dos delitos contra a liberdade sexual nas súas normas penais.
A futbolista Jenni Hermoso, nun adestramento coa selección española. (Foto: AFP7 / Europa Press)
Xustiza

Jenni Hermoso presenta unha denuncia contra Rubiales

Hermoso presentou a "denuncia expresa" a terza feira 5 de setembro e a Fiscalía da Audiencia Nacional presentará querela o máis axiña posíbel.
Montse Tomé, nova adestradora da selección española de fútbol (Foto: Oscar J. Barroso / AFP7 / Europa Press).
Agora

A asturiana Montse Tomé substitúe Jorge Vilda á fronte da selección española de fútbol

Após a destitución de Jorge Vilda como adestrador da selección española de fútbol, a Real Federación Española de Fútbol anunciou que será a asturiana, Montse Tomé quen tome as rendas do conxunto. Ex xogadora de equipos como o Barcelona ou o Levante, Tomé convértese na primeira muller en dirixir o combinado estatal.Tomé convértese na primeira muller en dirixir o combinado estatal. Tomé encabezou o comunicado de dimisión de parte do corpo técnico polo caso Rubiales sinalando o apoio ás xogadoras e denunciando ter que asistir obrigatoriamente á asemblea extraordinaria da federación.

Jorge Vilda, agora ex seleccionador do equipo español (Foto: Oscar J. Barroso / Afp7 / Europa Press).
DEPORTES

A RFEF destitúe Jorge Vilda, adestrador da selección española de fútbol

O paso do até o de agora seleccionador estivera cheo de polémicas despois de que 15 futbolistas renunciasen a acudir ao equipo pedindo "cambios importantes".
O ministro de Cultura e Deportes, Miquel Iceta, ofrece unha rolda de prensa sobre a resolución do Xulgado Contencioso-Administrativo de Deportes, na Delegación do Goberno en Cataluña, o 1 de setembro de 2023.
DEPORTES

O Goberno do Estado pide ao TAD a suspensión cautelar de Rubiales

O presidente en funcións, Pedro Sánchez, nun acto de partido en Málaga, eloxiou a "exemplar reacción" das xogadoras da Selección Española Feminina de Fútbol
Só a resposta unida dunha sociedade madura e concienciada contra o machismo consegue o cambio.
star
Análise

Acabouse

Marga Tojo é xornalista, escritora e comunicadora.