A asturiana Montse Tomé substitúe Jorge Vilda á fronte da selección española de fútbol

Após a destitución de Jorge Vilda como adestrador da selección española de fútbol, a Real Federación Española de Fútbol anunciou que será a asturiana, Montse Tomé quen tome as rendas do conxunto. Ex xogadora de equipos como o Barcelona ou o Levante, Tomé convértese na primeira muller en dirixir o combinado estatal.Tomé convértese na primeira muller en dirixir o combinado estatal. Tomé encabezou o comunicado de dimisión de parte do corpo técnico polo caso Rubiales sinalando o apoio ás xogadoras e denunciando ter que asistir obrigatoriamente á asemblea extraordinaria da federación.

Montse Tomé, nova adestradora da selección española de fútbol (Foto: Oscar J. Barroso / AFP7 / Europa Press).
photo_camera Montse Tomé, nova adestradora da selección española de fútbol (Foto: Oscar J. Barroso / AFP7 / Europa Press).
Comentarios