EH Bildu pide o PNV que rescate o Plan Ibarretxe como “punto de partida” cara á independencia

A coalición abertzale fixo un chamamento para que nas próximas eleccións non haxa “ningún goberno en contra do dereito a decidir” en toda Euskal Herria. 

Hasier Arraiz
photo_camera Hasier Arraiz


O presidente de Sortu e parlamentario de EH Bildu, Hasier Arraiz, pediu ao PNV que rescate o Plan Ibarretxe como “punto de partida” cara a independencia de Euskal Herria. Unhas declaracións dirixidas lehendakari, Iñigo Urkullu, durante o pleno de control ao Goberno vasco.

“Como Ibarretxe, nós tamén estamos a favor de negociar até a extenuación co Estado español, nun exercicio honesto de negociación, para demostrar a comunidade internacional que ese Estado español non ten ningunha vontade democrática de aceptar o que decida a poboación vascas”, sinalou Arraiz.

Arraiz abriu a porta a pactos que aseguren a maioría soberanista e sirvan de impulso ao proceso independentista

O líder de Sortu pediu que o PNV “saque do caixón a proposta dun novo estatuto”, inda que sinalou que para EH Bildu o texto só o mellor punto de partida pero non a “estación término”.

A coalición abertzale fixo ademais un chamamento para que nas próximas eleccións forais e municipais non haxa “ningún goberno en contra do dereito a decidir en todo o país”. Arraiz abriu a porta a pactos que aseguren a maioría soberanista e sirvan de impulso ao proceso independentista.

Sinalou que EH Bildu está en “sintonía” coas palabras de Juan José Ibarretxe, que afirmou esta semana que tanto Euskal Herria, como Catalunya, Escocia ou Quebec, serán nacións independentes recoñecidas pola ONU antes de 2030.

Comentarios