Vence pide a Feijóo que explique por que Galiza ten que pagar o rescate das autoestradas de Madrid

O portavoz do BNG demanda a transferencia libre de cargas da AP-9 e avanzar cara a gratuidade das peaxes.

VENCE ROLDA DE PRENSA1

O BNG empraza a Núñez Feijóo a que explique por que @s galeg@s van ter que pagar o rescate das auto-estradas radiais de Madrid, algo ao que o Estado español vai destinar 4.600 millóns de euros que sairán, subliña a frinte nacionalista dos petos das e dos contribuíntes. Fíxoo por boca do seu portavoz nacional, Xa Vier Vence, que cualificou de “auténtico espolio” e “insulto” á cidadanía ese rescate. Pediu a Núñez Feijóo que “actúe como presidente de Galiza” e que defenda o país “antes que a conta de resultados de ACS, Ferrovial, Abertis ou Sacyr, “o lobby das grandes empresas construtoras madrileñas amigas do PP”.

“As grandes concesionarias ínflanse a beneficios e se lles vai mal, rescate con recursos públicos”, sintetizou o portavoz do BNG.

“Galiza non ten porque asumir os erros de decisións de especuladores, -banca e empresas concesionarias-. Pensamos que non deben recibir recursos públicos pero, en todo caso, se as queren rescatar que o fagan con recursos da Comunidade de Madrid”, sentenciou Vence.

AP9

O dirixente nacionalista subliñou que Galiza “xa ten os seus propios problemas” soportando “unhas peaxes directas e na sombra” que supoñen “unha sangría” tanto para o usuario, a maioría traballadores e traballadoras, como para as empresas, cuxa competitividade se ve lastradas polas tarifas abusivas que soportan. Nesta liña, Vence pide ao Ministerio de Fomento e a Xunta que se proceda a transferencia libre de cargas desta infraestrutura “chave” para o desenvolvemento do país, “porque foi o PP con Aznar quen cometeu o despropósito de prolongar ata 2046 a concesión desta vía”, denunciou.

Vence contrapuxo o modelo de xestión pública das infraestruturas que defende o Bloque co “capitalismo con rede” do actual sistema de xestión en base a concesións. “As grandes concesionarias ínflanse a beneficios e se lles vai mal, rescate con recursos públicos”, sintetizou o portavoz do BNG.

Comentarios