A peaxe de Chipre polo rescate: recortes en pensións e salarios, despedimento de funcionarios e repagamento nos servizos públicos

A Troika xa ten o documento que recolle as condicións que ten que cumprir esta illa por ser 'rescatada'. Contempla unha manchea de exixencias, desde unha liberalización do mercado laboral até botar á rúa a 4.500 empegad@s públic@s, pasando por tesoirada ás pensións e o aumento en dous anos da idade de xubilación. Mesmo se fixa un imposto para orfos e viúvas

 

Chipre

Cinco capítulos con minuciosas explicacións das condicións a cumprir. É o memorando de entendemento que os homes da Troika veñen de elaborar, e ao que tivo acceso El País, para que Chipre siga ao 'dedillo' e poder así recibir o diñeiro do rescate. Un documento no que se obriga a Nicosia a adoptar medidas en reforma financeira, mercado laboral, servizos, política fiscal...Mesmo se establece un imposto do 3% sobe os ingresos procedentes do sector público de viúvas e orfos.

A illa mediterránea deixa,de facto, de ter calquer marxe de manobra sobre si propia. “Xa non é que pasemos ser un protectorado de Bruxelas. Colonia, iso é o que somos”, denuncian desde sindicatos e movementos sociais. “Somos o länder número 17 de Alemaña, ao sevizo do que ordene Merkel”, ironizan desde as filas comunistas.

Entre as condicións que debe de cumprir Chipre está o despedimento de 4.500 empregad@s públic@s, para alén de recorte de salarios dos funcionarios. Mais non só do funcionariado, tamén se fixa no documento que haberá recortes para as e os pensionistas. Aliás, aumentarase en dous anos a idade de xubilación

E fíxase que se proceda por parte de Nicosia a facer reformas na lexislación laboral para flexibilizar o mercado, procurando, e así se detalla, unha redución de salarios dos traballadores.

Repagamento ou humillación?

Outra pata das exixencias da Troika pasa por fixar novas taxas ou incrementa as existentes en referencia a servizos públicos, desde a sanidade até o transporte. Aliás, suben as cotas á Seguridade Social nun punto (medio punto a pagar polos traballadores) e o IVE incrementarase en todos os seus segmentos.

Mesmo se fixa un imposto do 3% sobre os ingresos de orfos e viúvas procedentes do sector público.

Nicosia recoñece que Chipre pecisa por volta de 23.000 millóns de euros. Dez mil virán da Troika. O resto, de medidas de recadación do Estado a través de políticas de 'austeridade' e 'recortes'.

Comentarios