Prestige

prestige camariñas
20 anos do 'Prestige'

O Goberno español homenaxea en Camariñas a “marea solidaria” contra o chapapote

A ministra de Política Territorial e portavoz do Executivo estatal e o presidente da Deputación da Coruña participaron nos actos nesta vila da Costa da Morte.

nunca máis @iagolorenzo8
20 anos do 'Prestige'

A dignidade dun pobo que dixo Nunca Máis

O Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu este domingo a estrea do documental ’20 anos de dignidade’, dirixido por Xosé Aragunde, e que conta co apoio da plataforma Nunca Máis.

'Prestige', 20 anos despois

[Imaxe: Stéphane M. Grueso] Chapapote do Prestige nunha praia galega
SOCIAL

O 'Prestige' en 15 cifras, 20 anos despois

Dos 3.500 metros de profundidade aos que está afundido o petroleiro até os 1.923 voluntarios e voluntarias que tiveron que ser atendidos de problemas respiratorios.
Ana Pontón acto Camelle vinte anos despois do Prestige
POLÍTICA

O BNG reivindica a “dignidade” do pobo galego no ‘Prestige’ e reclama o traspaso de salvamento marítimo

Ana Pontón lembra en Camelle a resposta ante a catástrofe e advertiu que o risco dun sinistro “non desapareceu”.

Persoas voluntarias recollendo chapapote dunha praia após a catástrofe do 'Prestige'. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Estas son as "contas pendentes" do 'Prestige' 20 anos despois

O tratamento dos miles de toneladas de refugallos vertidos ao mar e as praias, un dos asuntos chave.
Integrantes da Plataforma Nunca Máis na lonxa 
de Muxía. (Foto: Arxina)
star
Reportaxes

Nunca Máis: a catástrofe do Prestige, 20 anos despois

O petroleiro Prestige ficaba á deriva a poucas millas das costas galegas o 13 de novembro de 2002. A xestión do accidente por parte dos Gobernos da Xunta da Galiza e do Estado español derivou na maior catástrofe ecolóxica que viviu o país. Nese contexto, naceu a Plataforma Nunca Máis. Sermos Galiza desprázase a Muxía para revivir aqueles días a través da conversa con parte das persoas que protagonizaron un movemento social sen precedentes.
Capa de 'Marea de música'.
star
Música

Retrato dunha época e proba de compromiso

En pouco tempo, vinte e catro artistas e bandas foron quen de sincronizarse para xuntar, de maneira completamente desinteresada, outras tantas pezas para un disco que tiña como obxectivo que non se esquecese a catástrofe nin a ultraxe que supuñan a desidia e a incompetencia das autoridades.
Suso de Toro. (Foto: Distrito Xermar)
star
Libros

Non hai lugar para a ficción

Nunca máis Galiza á intemperie é un libro de crónicas sobre ese primeiro mes do Prestige, publicadas en xornais como El País e La Vanguardia, e nel o autor comparte con nós as súas inquedanzas e tenta reconstruír o que pasou baseándose en causas e consecuencias, que é o que se reclama dun xornalismo responsable e que apele ao cambio social.
Maria do Carmo García Negro. (Foto: Arxina)
star
Entrevistas

Mª Do Carme García-Negro: "Polo que se viviu no accidente do Prestige non se aprendeu moito dos anteriores accidentes"

María do Carme García-Negro (Lugo, 1950) é unha referencia inescusábel para os estudos pesqueiros na Galiza. Doutora en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e profesora de Economía Aplicada no referido centro educativo, dirixiu durante anos o Grupo de Investigación de Economía Pesqueira da USC. Nesta conversa, repasa para Sermos Galiza o impacto do Prestige na economía galega e analiza a situación do sector pesqueiro na actualidade.
 
Fotografía de Foto de Brais Lorenzo sobre unha imaxe de Miguel Riopa
star
20 anos do afundimento do 'Prestige'

Que facer coa memoria da catástrofe?

As pegadas do Prestige permanecen na memoria e na paisaxe da Galiza. A veciñanza dos lugares máis afectados pola marea negra sostén que os restos seguen presentes de moitas maneiras. Hoxe aínda é posíbel ver e ulir chapapote entre as pedras. Como enfrontarse a estes vestixios incómodos da catástrofe?

'Prestige', na intemperie

15 'Prestige' por día

Retagarda

EuropaPress_2538175_trabajos_desencallar_buque_blue_star_costa_ares
SOCIAL

20 anos após o 'Prestige', a Galiza segue sen poder investigar sinistros marítimos

A Galiza carece dun organismo propio para a investigación de sinistros e accidentes no mar ou mesmo para os 'sentinazos' —verteduras do barco ao mar—. Habelo, haino, a Comisión de investigación de accidentes e incidentes marítimos (CIAM), mais está en Madrid, adscrito ao Ministerio de Transportes.

O 'Prestige' durante o seu afundimento. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Ecoloxistas en Acción presenta un documental para conmemorar o 20 aniversario do "desastre" do 'Prestige'

A estrea na Galiza será o 13 de novembro na Praza do Berbés de Vigo.
A cantante Uxía, esta cuarta feira, en Santiago de Compostela (Foto: Riobó Prada).
SOCIAL

Uxía: "Nunca Máis foi o paraugas baixo o que nos puxemos todas e todos"

Vinte anos despois da catástrofe do petroleiro 'Prestige' nas costas galegas e de xurdira a Plataforma Nunca Máis, unha das súas portavoces, a cantante Uxía, lembra para Nós Diario aqueles momentos e o que significaron co paso do tempo. Experiencias persoais mestúranse estes días coas lembranzas duns meses que xa quedan para a historia da Galiza contemporánea protagonizados por un dos maiores movementos sociais de protesta.
Hemiciclo do Parlamento Europeo (Foto: Parlamento Europeo).
SOCIAL

O Parlamento Europeo acollerá unha conferencia sobre a traxedia do 'Prestige' o 16 de novembro

A conferencia será inaugurada pola eurodeputada Karima Delli, presidenta da Comisión de Transporte do Parlamento europeo.
N.E.V.E.R.M.O.R.E., da compañía Chévere. (Foto: Chévere)
'N.E.V.E.R.M.O.R.E.' represéntase na data do aniversario da traxedia

A obra de Chévere sobre o 'Prestige' rompe o silencio

Nas datas en que se conmemora o vixésimo aniversario da catástrofe do Prestige, a compañía Chévere recupera N.E.V.E.R.M.O.R.E., o espectáculo que realizou o pasado ano, en coprodución co Centro Dramático Nacional e que pretendía recuperar a memoria dun pobo que se mobilizou en defensa da súa dignidade.

A Plataforma Nunca Máis presentou en Pontevedra un novo documental de Xan Aragunde.
SOCIAL

Nunca Máis, '20 anos de dignidade' e "motivo de orgullo" da Galiza

A obra audiovisual, dirixida por Jose Aragunde e promovida por Nunca Máis, poderase ver este domingo, día 13, ás 12 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra