Uxía: "Nunca Máis foi o paraugas baixo o que nos puxemos todas e todos"

Vinte anos despois da catástrofe do petroleiro 'Prestige' nas costas galegas e de xurdira a Plataforma Nunca Máis, unha das súas portavoces, a cantante Uxía, lembra para Nós Diario aqueles momentos e o que significaron co paso do tempo. Experiencias persoais mestúranse estes días coas lembranzas duns meses que xa quedan para a historia da Galiza contemporánea protagonizados por un dos maiores movementos sociais de protesta.
A cantante Uxía, esta cuarta feira, en Santiago de Compostela (Foto: Riobó Prada).
photo_camera A cantante Uxía, esta cuarta feira, en Santiago de Compostela (Foto: Riobó Prada).
Comentarios