O PP veta a declaración do ‘Día da Dignidade da Galiza’
O Partido Popular vetou a declaración do 1 de decembro como ‘Día da Dignidade da Galiza’, unha proposta do BNG apoiada tamén polo PSdeG que busca lembrar o movemento de Nunca Máis, a resposta á marea negra e a maior mobilización social da historia recente do país.