Parlamento
Arrinca a XII lexislatura coa constitución da Mesa: Santalices repite como presidente
18/mar./24
Elena Candia (PP) será vicepresidenta primeira da Mesa da Cámara e Montse Prado (BNG), vicepresidenta segunda. Ethel Vázquez (PP) será a secretaria e Patricia Igrexas (PSdeG) a vicesecretaria.
POLÍTICA
Montse Prado repetirá como vicepresidenta do Parlamento e o BNG cederá á socialista Patricia Igrexas un asento na Mesa da Cámara
18/mar./24
Segundo comunicaron fontes do BNG, decidiron "ceder" o posto ao terceiro grupo da Cámara "en aras de visibilizar a pluralidade".
POLÍTICA
Ethel Vázquez causa a primeira baixa no Goberno galego: unha conselleira desgastada polas acusacións de conivencia da Xunta con Monbus
18/mar./24
As resolucións da Xustiza contra as adxudicacións de transporte por estrada uníronse aos problemas xeneralizados neste servizo ao longo dos últimos anos. Dous cuestións vencelladas que provocaron un fondo desgaste na Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade liderada por Ethel Vázquez, a máis veterana do Executivo galego, xunto a Alfonso Rueda.
POLÍTICA
Miguel Santalices repetirá como presidente do Parlamento da Galiza
17/mar./24
Estará acompañado na Mesa da Cámara pola deputada popular Elena Candia, como vicepresidenta primeira, e pola até o de agora conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, como secretaria primeira.
INTERNACIONAL
A ultradereita sae en defensa de Ayuso: Vox pide a dimisión ou o cesamento do fiscal xeral do Estado
16/mar./24
A denuncia de fraude contra a parella de Ayuso foi interposta pola Fiscalía de Madrid.
SOCIAL
As mulleres levántanse por un Plan galego contra a endometriose
16/mar./24
Unha de cada dez galegas en idade fértil ten endometriose e case a metade das mulleres que non poden quedar embarazadas padecen endometriose.
Agora
As ameazas de morte a Rubén Arroxo serán xulgadas pola Audiencia de Lugo
15/mar./24
A Audiencia de Lugo reabriu a causa relativa ás ameazas de morte recibidas polo tenente de alcaldesa e portavoz do BNG en Lugo, Rubén Arroxo. O caso fora arquivado polo xulgado de primeira instancia mais a Audiencia de Lugo estimou o recurso do denunciante e reabriu o procedemento. Os feitos tiveron lugar en 2022 cando un veciño proferiu ameazas de morte nas redes sociais, unhas mensaxes que se puideron ler, segundo fontes consultadas, no muro do entón concelleiro do PP Óscar Poy. Arroxo acudiu á Comisaría da Policía a denunciar os feitos. Nos comentarios podíase ler que "había que linchar" ao portavoz do BNG ou "vou ir a por eles e mesmo son capaz de cortarlle o pescozo".
Vivenda
Bota a andar o índice de prezos do aluguer que a Xunta, ás ordes do PP, non aplicará por ser "un suicidio inmobiliario"
15/mar./24
Os gobernos dos 'populares' opóñense frontalmente á medida que esta sexta feira recolle o BOE e da que, polo de agora, só se beneficiará Catalunya declarando zonas tensionadas en 140 municipios.
star
INTERNACIONAL
O Congreso aproba a amnistía e as forzas catalás reivindican un referendo
14/mar./24
A Cámara Baixa española deu finalmente o seu visto e prace ao proxecto de lei de amnistía, que ten que volver ao Hemiciclo para ser ratificado tras pasar polo Senado, nunha xornada en clave electoral polo adianto dos comicios lexislativos cataláns.
POLÍTICA
Unha empresa multiplicou a contratación coa Xunta após 'fichar' o marido de Paula Prado
14/mar./24
Allwork Vestuario Laboral, da que é socio Francisco Antonio Otero Illodo, recibiu 38 contratos 'a dedo' da Xunta desde 2020, segundo 'O Salto'.
POLÍTICA
A ex alcaldesa de Vigo e parlamentaria Corina Porro 'xubílase' da política após 30 anos nas institucións
14/mar./24
"Chegou o momento de xubilarme e deixar a política activa despois de 30 anos de servizo público", anuncia, nunha carta dirixida á militancia do PP de Vigo.
POLÍTICA
Luisa Sánchez, nova vicepresidenta da Deputación de Pontevedra
14/mar./24
É concelleira do PP en Vigo e no pasado foi directiva de Povisa.
star
Análise
E agora que?
14/mar./24
Xosé Mª Dios Diz é médico especialista de Atención Primaria en Outes.
INTERNACIONAL
"Un cidadán asediado por todos os poderes do Estado": Ayuso sae en defensa da súa parella tras a denuncia por fraude da Fiscalía
13/mar./24
A presidenta da Comunidade de Madrid ve na denuncia de fraude contra a súa parella unha manipulación "orquestrada" e asegura que é Facenda quen lle debe 600.000 euros a Alberto González Amador.
POLÍTICA
O CIS eleva o PP case tres puntos por riba do PSOE e dá ao BNG unha repunta de dúas décimas nun mes
13/mar./24
Os 'populares' sacan ademais cinco puntos aos socialistas en voto xa decidido, cun 25,2% polo 20,8% dos socialistas.
Sesión de control
Sánchez reta Feixoo a exixir a dimisión de Ayuso nun tenso pleno con alusións a Koldo e Marcial Dorado
13/mar./24
O líder do PP acúsao de pór o "ventilador" e promete unha oposición "implacábel" no 'caso Koldo': "Señor Sánchez, esta é a súa trama de corrupción".
star
INTERNACIONAL
Novo caso de corrupción na contorna de Ayuso: a súa parella é acusada de fraude por 15 facturas falsas con valor de 1,7 millóns
12/mar./24
Agora é a parella de Isabel Díaz Ayuso a implicada nunha presunta trama corrupta na pandemia, logo da polémica polo seu expediente académico, o préstamo dunha entidade semipública non devolto e as acusacións de corrupción contra o seu irmán.