star
Análise
Comerémosvos ata a extinción
24/maio/24
Xabier Vázquez Pumariño é biólogo e ornitólogo. Consultor ambiental e activista no movemento ecoloxista.
Agora
A cota de sardiña para a arte do xeito sobe a 100 quilos por tripulante ao día
12/mar./24
O Diario Oficial da Galiza (DOG) publicou esta terza feira o Plan de xestión da sardiña coa arte do xeito para 2024, o cal fixa un tope máximo de capturas de 20 toneladas para o primeiro trimestre do ano. Entre os cambios respecto ao ano anterior, a cota que se asigna por tripulante a bordo e día sobe de 50 a 100 quilos, aos que se sumarán outros 100 quilos por barco ao día, o dobre dos que recollía a resolución de 2023. Ademais, a resolución indica que na Galiza existen 412 embarcacións con permiso para utilizar esta arte que sexan susceptíbeis de despachar a mesma "no momento en que se elimine a actual limitación imposta polo Plan de recuperación da sardiña ibérica". Por outra parte, o plan sinala que nas últimas campañas se constatou unha melloría no recurso, acentuada en 2022.
Mar
A Plataforma en Defensa da Pesca critica o "total desprezo" de Teresa Ribera ao sector
23/feb./24
"Négase a escoitar e informar os pescadores afectados polos POEM sobre a planificación en relación á implantación da eólica mariña nas nosas augas, a pesar da evidente afectación á actividade pesqueira e os ecosistemas mariños nas zonas proxectadas", censuran, en relación aos POEM.
18-F
Besteiro comprométese a fomentar o consumo de peixe do cerco nos comedores escolares como hábito saudábel
19/xan./24
O candidato do PSdeG comprometeuse á ampliación do dique de abrigo da localidade cando sexa presidente da Xunta e a sacar á Consellaría do Mar do "actual estancamento".
Crise dos pellets
Un estudo avalado pola ONU advirte do dano dos pellets no medio mariño
16/xan./24
Flora & Fauna International instan os gobernos a "dar un paso á fronte" para regular a cadea de subministración dos pellets.
Crise dos pellets
Vilares, sobre os plásticos no mar: "O aparato dixestivo dos peixes non se come"
10/xan./24
Os microplásticos, no caso de inxerilos accidentalmente, "entran por onde entran e saen por onde saen", subliña o conselleiro.
Agora
A USC avanza na investigación do tratamento para o dano medular
05/xan./24
As prostaglandinas, substancias que producen os animais —entre eles os seres humanos—, xogan un papel clave para promover a xeración de novas neuronas na medula espiñal dos peixes cebra, segundo concluíu unha investigación do equipo da Facultade de Bioloxía da USC que agora acaba de publicarse na revista Cell Proliferation. O traballo, é da autoría de Laura González, Daniel Sobrido, Ana Quelle, Laura Sánchez e Antón Barreiro. Estes novos achados poderían ser cruciais no futuro para tratar pacientes con dano medular. O estudo analizou o desenvolvemento do sistema nervioso duns peixes tropicais coñecidos como peixes cebra.
POLÍTICA
O PP rexeita suprimir o IVE nos produtos do mar
20/dec./23
O BNG pide que os populares expliquen a decisión ao sector pesqueiro e marisqueiro.
star
ECONOMÍA
65% da poboación galega consome peixe con menor frecuencia da recomendada
30/nov./23
A metade das galegas e dos galegos comen peixe unha ou dúas veces por semana (o recomendado son tres ou catro), segundo rebela o novo estudo da Unión de Consumidores da Galiza (Ucgal) que esta sexta feira será presentado en Compostela. As conclusións sinalan un panorama pouco positivo para o sector.
star
Análise
As múltiples caras da desigualdade
28/nov./23
Carmela Sánchez Carreira é profesora de Economía Aplicada na USC.
Contracultura
Xisco Feijóo: "A nosa música tradicional ten unha orixe moi antiga, mais é actual, está viva e na mocidade"
28/nov./23
Xisco Feijóo (Vigo, 1973) fecha a xira de Peixe con dous grandes concertos: mañá en Lugo e o 1 de decembro en Vigo. Feijóo analiza as aprendizaxes deste disco, o primeiro seu en solitario, así como os plans de futuro que ten para a súa carreira.
SOCIAL
Fechado o acordo para a nova tempada de pesca continental de 2024: Coñece aquí as datas para as diferentes especies
10/nov./23
A tempada de pesca fluvial de 2024 irá, con carácter xeral para a troita, do 17 de marzo ao 31 de xullo, coa excepción das augas de salmón, nas que comezará o 1 de maio.
POLÍTICA
O BNG insta ao Goberno español a suprimir o IVE do peixe
07/out./23
O voceiro do BNG no Congreso dos Deputados, Néstor Rego, e a senadora da formación, Carme da Silva, presentaron nas Cortes distintas iniciativas pedindo información ao Goberno sobre a proposta de PERTE (Proxectos Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica) específico para a industria de transformación de produtos do mar
Alimentación
É peixe ou vexetal? A frota alerta sobre a etiquetaxe "confusa"
20/set./23
O sector pesqueiro denuncia unha suposta fraude na etiquetaxe dos peixes de orixe vexetal ou de laboratorio ante Consumo.
SOCIAL
Aparecen unhas 200 troitas mortas no río Ferreira, en Palas de Rei (A Ulloa)
31/ago./23
Medio Ambiente sinala á “calor e o baixo nivel do caudal” como posíbel causa, e a veciñanza a verteduras na zona
INTERNACIONAL
As autoridades do Xapón iniciaron a descarga de auga de Fukushima
24/ago./23
A China veta as importacións do mar xaponesas con posterioridade ao comezo da vertedura no océano da auga contaminada da central de Fukushima.
star
Análise
Comemos máis pescado, pero menos especies
23/ago./23
Gonzalo Rodríguez é profesor do Departamento de Economía Aplicada da USC
Máis
Bonito de Burela: dous días de feira para conmemorar unha tradición de máis dun século
04/ago./23
Esta fin de semana ten lugar a XXXVII Feira do Bonito de Burela, que conmemora unha tradición de máis dun século no municipio, a pesca do bonito do norte, que supón un dos principais sinais de identidade da vila da Mariña, onde se vende máis da metade das capturas desta especie sobre o total das comercializadas no conxunto das lonxas galegas.