A USC avanza na investigación do tratamento para o dano medular

As prostaglandinas, substancias que producen os animais —entre eles os seres humanos—, xogan un papel clave para promover a xeración de novas neuronas na medula espiñal dos peixes cebra, segundo concluíu unha investigación do equipo da Facultade de Bioloxía da USC que agora acaba de publicarse na revista Cell Proliferation. O traballo, é da autoría de Laura González, Daniel Sobrido, Ana Quelle, Laura Sánchez e Antón Barreiro. Estes novos achados poderían ser cruciais no futuro para tratar pacientes con dano medular. O estudo analizou o desenvolvemento do sistema nervioso duns peixes tropicais coñecidos como peixes cebra.
Anton Barreiro e Laura Gonzalez no laboratorio da USC. (Foto: Santi Alvite)
photo_camera Anton Barreiro e Laura Gonzalez no laboratorio da USC. (Foto: Santi Alvite)
Comentarios