peixe

Xisco Feijoó: Peixe
CULTURA

Xisco Feijoó: Peixe

PEIXE está preñado da esencia máis fonda da música tradicional, vista dende unha mirada contemporánea e interpretada dende a modernidade e dende a visión dun século XXI dominado polas novas tecnoloxías pero onde se respectan e valoran con emocionante orgullo as orixes e tradicións máis puras e ancestrais. PEIXE fala de todo aquilo que queremos ser e non somos quen... E de aquilo que somos e non desexamos. PEIXE fala da súa aceptación con horizontalidade deixando ben atrás a resignación. PEIXE é entender que entre nós até onde alcanza a vista non hai gaiolas nin peixeira que nos pechen. PEIXE somos cada ún de nós, únicos e irrepetibles.
O mariñeiro Rogelio Santos Queiruga na ría de Muros e Noia con parte da captura do día (Nós Diario)
TRABALLO

Rogelio Santos, mariñeiro: "Estaba canso da mala opinión sobre o sector do mar e quixen dignificar a miña profesión"

Rogelio Santos Queiruga leva 25 anos traballando no mar. Coa planadora, xunto ao seu irmán, percorre a ría de Muros e Noia desde Porto do Son e conta nas redes sociais como son as súas capturas ao tempo que difunde o respecto por esta profesión e polo medio ambiente. Anécdotas e información enchen os seus perfís de Facebook e Twitter coa intención de que coñezamos cales son as especies protexidas para dar unha imaxe construtiva do mundo mariñeiro.
1W0A0166
Vicepresidenta da Fundación Dieta Atlántica

Rosaura Leis: "A comida rápida non ten que ser precociñada, tamén pode ser un peixe fervido ou á prancha"

A Fundación Dieta Atlántica botou a andar en 2007 co obxectivo de promover o estilo de vida atlántico e, en especial, a nosa dieta. A raíz da realización do Congreso Internacional arredor deste réxime xorde o volume Bases científicas da dieta atlántica, que busca pór en valor a evidencia científica deste réxime. 
Instalacións de Caladero [Imaxe: EP/ Remitida/ Handout por Mercadona]
ECONOMÍA

A galega Profand adquire a empresa Caladero a Mercadona

A firma completa o proceso de especialización desde a parte extractiva e na cadea de valor coa entrada desta empresa de venda de peixes en bandexa.

arroases
"Los Arroases. Su primera aventura"

A Consellaría do Mar edita un libro en castelán destinado ás crianzas para que coman peixe

Malia que só dúas de cada dez crianzas se comunican en galego, a Consellaría do Mar difunde entre os colexios públicos galegos o libro en castelán “Los Arroases. Su primera aventura” para difundir a importancia de comeren peixe.

As do peixe

Desde moi nena, en Vigo, vin as fábricas de conservas de onde saían maiormente mulleres. A venda e manipulación do peixe foi sempre traballo feminino. Ía coa miña nai ao mercado e non perdía ripio das súas mañas manexando os peixes ou sacándolle a pel á castañeta, cunha destreza que me deixaba parva. 

Foto: Olalla Lojo/AAAG
CULTURA

A crise imponse nos María Casares cos premios a "Eurozone" e "As do peixe"

Crise da zona euro e crise do sector da conserva. “Eurozone” de Chévere con catro premios, entre eles o de mellor espectáculo, e “As do peixe” de Abrapalabra con tres foron as grandes triunfadoras nos Premios María Casares da Asociación de Actores e Actrices de Galiza. 

Comercios galegos
Galiza

Cando o peixe grande engole o pequeno

O Partido Popular da Galiza vén de aprobar en solitario a ampliación da liberdade horaria en detrimento do pequeno comercio.

Se todo o que cae na rede é peixe, acabamos co peixe. Polo tanto, non vale todo

Fai anos , nos mares das chamadas colonias , os frotas pesqueiras do primeiro mundo (paises imperialistas) ,arrasaban con todo. Largaban os aparellos as veces que querian .Dentro dos aparellos normais,colocaban outros de mallas mais pequenas (chamabanlle condons) , para coller peixes de todas as especies e tamaños .
Marisqueo
ECONOMÍA

Jorquera chama a frear as importacións ''masivas'' de peixe de fóra e ''incentivar o consumo do produto galego''

Nun encontro coa confradía da Coruña, o candidato do BNG á Xunta arremeteu contra o PP por ter pulado na UE pola supresión da denominación de orixe dos produtos do mar. Di o nacionalista que os tres anos de goberno de Feijóo estiveron ao servizo ''de grandes conglomerados da pesca'' e dos intereses da acuicultura industrial