Outes

Protesta contra as verteduras da mina de San Finx ante os xulgados de Noia (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

Colectivos protestan ante os xulgados de Noia, onde comparece o representante da concesionaria da mina de San Finx

Tungsten San Finx, S.L. compareceu na mañá desta segunda feira ante os xulgados de Noia.
RIO TINS OUTES
SOCIAL

Outes será o primeiro concello a recoñecer os dereitos dun río

A “Declaración de Dereitos do río Tins” discutirase nunha asemblea pública o 15 de decembro. A iniciativa forma parte do proxecto ReNatur_Outes, no que participa o Concello, as tres universidades públicas galegas e as fundacións CEER e Montescola

Bivalvo arrastrado ás praias durante a última fin de semana (Foto: Europa Press).
TRABALLO

A crise do marisqueo en Noia forza un ERTE a 64 persoas traballadoras da confraría: "Chove sobre mollado"

O sector marisqueiro de Noia recolle 70 toneladas de bivalvo dos areais, mais só se poderá recuperar "entre 15% e 20%" debido á mortaldade.
'Mmrrssmm... Xeosónica', de Andrés Mahia, un dos filmes a concurso.
star
Mares da Fin do Mundo

Outes mostra a cultura marítima desde o cinema

Mares da Fin do Mundo é unha mostra de cine documental que, desde Outes, conéctase con todo o mundo por vía marítima. A cultura do mar, vista desde as máis dispares perspecytivas, é analizada nos filmes que se proxectarán do día 1 ao 5 de novembro, nun festival comprometido coa defensa e difusión dos mares e cos valores da pesca artesanal.
Mariscadoras da confraría de Noia extraendo bivalvo (Foto: Pedro G. Losada).
star
TRABALLO

A confraría de Noia anuncia o fechamento da campaña de marisqueo máis curta da historia

A actual campaña de marisqueo fecharase a partir da próxima quinta feira, segundo decidiu a confraría de Noia. A mortaldade do marisco provocada polo baleirado do encoro do Tambre, que deixa máis de 1.500 profesionais sen actividade, e as dificultades para cobrar as prestacións, preocupan no sector.
O accidente produciuse á altura de Siavo, no Freixo (Outes). [Foto: Google]
SOCIAL

Falece unha muller en Outes no segundo atropelo mortal do día nas estradas galegas

Esta veciña do Freixo de Outes foi alcanzada por un vehículo no quilómetro 58 da estrada AC-550.
Casa do Concello de Noia
POLÍTICA

A Xunta electoral adía a constitución das corporacións locais do partido xudicial de Noia

Por mor dun recurso, finalmente rexeitado, interposto polo PSOE. Afecta os concellos de Noia, Mazaricos, Outes, Lousame, Porto do Son, Muros, Ribeira, Boiro e Pobra do Caramiñal. Tanto nestes municipios como en Corcubión, onde está en disputa un só voto que sería chave na corporación, deberán agardar ao 7 de xullo para designar os seus respectivos alcaldes e alcaldesas.
Poboación en cada concello (datos do IGE de xaneiro).
28-M

Muros, Noia e O Xallas: comarcas que miran cara ao mar e o agro

As comarcas de Muros, Noia e O Xallas abranguen oito concellos nos que viven un total de 57.947 habitantes. Muros, Noia e Santa Comba son os municipios máis poboados. Os dous primeiros son motores de pesca e acuicultura e, xunto co Barbanza, representan 30% de toda a actividade neste sector, superando mesmo Vigo e O Salnés, segundo os últimos datos analizados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) no informe sobre o peso do sector primario na costa galega. A industria, pola contra, supón nestas tres comarcas só 9% da súa economía e emprego.
ies añon outes pessoa
CULTURA

Alumnado de Outes pide que se dedique unha rúa do Concello a Fernando Pessoa

A iniciativa fai parte do proxecto educativo “De Outes a Lisboa com Fernando Pessoa” do IES Poeta Añón.

Un técnico da Confraría de Noia realizando mostraxes sobre a poboación de bivalvo na ría (Foto: Confraría de Noia).
ECONOMÍA

A baixa salinidade na ría acaba con 81% do berberecho en Noia

O sector marisqueiro da Confraría de Noia demanda un paro biolóxico de dous meses e axudas compensatorias por parte da Xunta.
María Obelleiro (no centro) esta quinta en Outes (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

María Obelleiro analiza a situación da sanidade e do xornalismo nunha palestra en Outes

A palestra encádrase dentro das xornadas ‘Charlas Sociosanitarias’ organizadas polo Centro Social de Outes e coordinadas polo médico Xosé Dios Diz.
Mariscadoras desenvolvendo a súa actividade na ría de Muros e Noia (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

Indignación no marisqueo a pé noiés ante unha nova semana sen recoller bivalvo

A confraría de pescadores de Noia anunciou que, debido ao tardío horario da marea baixa e á imposibilidade de atrasar as poxas, o marisqueo a pé non poderá saír ao mar nin a cuarta nin a quinta feira. Unha decisión que xerou indignación no sector.
Integrante do Cemma no porto do Freixo, en Outes. (Foto: Cemma)
SOCIAL

Un equipo da Cemma avalía en Outes como retirar o arpón cravado no golfiño Manoliño

O mamífero mariño foi localizado a pasada semana cunha vara metálica nun costado.
Unha escena do filme 'Spitsbergen, o Gardián do Ártico', de Ignacio Benedeti Corzo. (Foto: Revillon Frères)
CULTURA

Outes invita a navegar os mares a través do cinema

En 1922, Robert Flaherty estreaba Nanook of the North, considerada hoxe a primeira longametraxe documental da historia. O éxito de público e de crítica daquel relato das dificultades dunha familia inuit, lexitimaba un xénero e mostraba ademais a súa viabilidade comercial.