star
Análise
Levan escrito por dentro o son do penedo
26/out./23
Susana Trigo é xeógrafa e ensinante.
Leva décadas percorrendo os camiños do país e desde o nacemento de Sermos Galiza, en 2012, publicando, como integrante do grupo XEA, as súas reflexións sobre diferentes lugares da xeografía física e humana galega, profundamente transformada. Agora, o economista Xoán Colazo (Candeán-Vigo, 1970), convídanos a coñecer esas experiencias no libro de inmediata publicación, Cento doce viaxes na miña terra.