Mos

Habitantes en cada concello (datos do IGE de xaneiro).
28-M

Vigo e Baixo Miño: o motor industrial do país

As comarcas de Vigo e O Baixo Miño supoñen o extremo suroeste da Galiza e comprenden 16 concellos nos que residen 474.648 persoas censadas. Destaca a cidade olívica como motor industrial e económico da Galiza xunto aos concellos da contorna, que aumentan poboación debido, entre outros motivos, ao encarecemento da vivenda na maior urbe do país. Con todo, alén da automoción, do naval e do sector servizos vigués, destaca o patrimonio histórico de ambas as comarcas e actividades económicas como a pesca, ameazada agora por un proxecto de eólica mariña fronte ás costas da Guarda, Oia, O Rosal e Baiona.
Victoria Alonso e Gómez Besteiro esta sexta feira en Mos (Foto: PSdeG).
28-M

Besteiro arroupa a alcaldábel socialista en Mos, Victoria Alonso, e critica a campaña de Rueda

O delegado do Goberno estatal na Galiza saudou os “benditos anuncios” do Executivo de Pedro Sánchez e comprometeuse a “seguir traballando” a favor da cidadanía para “desenvolver os proxectos e as débedas históricas e por exemplo bonificar as peaxes da AP-9”, mentres o PP prorrogaba a privatización até 2048.
Concentración de veciñanza de Mos diante de 'Afouteza'. (Foto: CMVMC Tameiga)
Xustiza

O TSXG desestima o recurso do Concello e ratifica a ilegalidade da cidade deportiva do Celta en Mos

"Os campos de fútbol son a excusa para expropiar o monte comunal e logo recalificalo para poder construír un complexo de hoteis, restaurantes, cafetarías e xogos recreativos", afirman desde a Comunidade de Montes de Tameiga.
Concentración do persoal de Ganomagoga diante da sede do Concello de Vigo, esta sexta feira. (Foto: Europa Press)
TRABALLO

O persoal de Ganomagoga continúa as protestas e cuestiona os motivos aducidos para o ERE

Decenas de afectados mobilizáronse esta sexta feira diante do Consistorio vigués para reclamar o apoio do Goberno local, como xa fixeran a pasada semana en Ponteareas, outra das localidades nas que opera o grupo.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, na recente presentación das obras do complexo sociosanitario do Rebullón. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

As retribucións extraordinarias no Concello de Mos, no punto de mira: complemento de produtividade ou "sobresoldo"?

O BNG mosense urxe explicacións á alcaldesa, Nidia Arévalo, pola repartición dos complementos salariais de produtividade entre o persoal da Administración local, que considera "sobresoldos a familiares e militantes do PP". Esta é unha crítica compartida polas outras forzas da oposición, PSdeG e GañaMos, e un informe do interventor do Concello alerta tamén dun "agravio comparativo" entre traballadores debido á falta de "uniformidade nas contías estabelecidas e nos criterios para a súa concesión".
Ana Millán, segunda pola dereita, acompañada de integrantes da directiva da asociación que xestiona a comunidade de Arousa (Foto: Nós Diario).
ECONOMÍA

Comunidades enerxéticas, alternativa para rebaixar o prezo da luz até 50%

As comunidades enerxéticas cobran forza na Galiza como alternativa efectiva para reducir a factura eléctrica. A iniciativa non só significa unha rebaixa no prezo da luz, senón que implica unha democratización da xestión da enerxía fronte aos grandes oligopolios. Os primeiros proxectos xa están en marcha no país.
O Camiño do Agro, na parroquia mosense de San Miguel de Pereiras. (Foto: Google Maps)
SOCIAL

Atopado o corpo sen vida dun home nun arroio de Mos, que se suma ao achado na Illa de Arousa

Esta segunda feira aparecera tamén un cadáver na Illa, o segundo nesta xornada canda ao de San Miguel de Pereiras, en Mos.
O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño. (Foto: Europa Press)
DEPORTES

[VÍDEO] O presidente do Celta cualifica como "soño" a declaración de interese autonómico da macrocidade deportiva en Mos

O Celta comezará coas obras no segundo semestre de 2023.
Aspecto de parte das infraestruturas que conformarían o complexo 'Galicia Sports 360'. (Foto: RC Celta)
Consello da Xunta

A 'Factoría do Deporte' do Celta en Mos, que a Xunta declarará "de interese autonómico", destruirá un acuífero que abastece a zona

O Consello da Xunta aprobou esta quinta feira a apertura do expediente para a declaración de interese autonómico do proxecto Factoría do Deporte Galego-Galicia Sports 360 que o Celta de Vigo quere levar a cabo en monte comunal en Mos. A iniciativa suporá a destrución de masa forestal e dun acuífero que abastece a zona, denuncia o coordinador da Comunidade de Montes de Tameiga, Gonzalo Pérez, en declaracións a 'Nós Diario'.
A veciñanza de Tameiga é pioneira na defensa do monte veciñal e mais no impulso da súa propia comunidade enerxética. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

O Consello da Xunta aproba a declaración de interese autonómico para a cidade deportiva do Celta en Mos

O Executivo galego dá agora este paso a pesar das reiteradas queixas da Comunidade de Montes de Tameiga (Mos).
A veciñanza de Tameiga é pioneira na defensa do monte veciñal e mais no impulso da súa propia comunidade enerxética. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A veciñanza comuneira de Tameiga avisa: "Traballan para roubarnos o monte"

A Xunta e o RC Celta avanzan na blindaxe da macrocidade en Mos.
Os John Deeres actuarán no Centro Social, Cultural e Deportivo das Pedriñas.
Axenda

Os Jonh Deeres presentan "20-20" en Mos

O concerto dos Jonh Deeres terá lugar na terraza do Centro Social, Cultural e Deportivo das Pedriñas, en Mos
O tempo medio de espera por unha ecografía xenitourinaria na área de Vigo é de 115,9 días, un incremento de 54% desde 2014. (Foto: Alexander Raths)
SOCIAL

"Tiven que acabar na sanidade privada para descubrir que teño un só ril funcional"

Case catro meses é o tempo de espera medio na área sanitaria de Vigo para someterse a unha ecografía xenitourinaria e nalgúns casos pode achegarse ao ano. Esa demora levou unha doente de infeccións crónicas de ouriños a recorrer á sanidade privada após varios meses "saltando de antibiótico en antibiótico sen máis probas" cunha doenza que se agudizou co paso do tempo.
Karma Animal.
Axenda

Karma Animal protagonizan a xornada de Solpores na Rebullón de Mos

O concerto de Karma Animal englóbase dentro da programación Solpores na Rebullón de Mos e terá lugar a partir das 21.00 horas
Miriam Couceiro.
Axenda

Presentación en Mos da novela colectiva "O libro da rosa"

A presentación da obra "O libro da rosa" terá lugar no Pazo de Mos a partir das 20.00 horas
Tanxugueiras en concerto.
Axenda

As Tanxugueiras actuarán en Mos con motivo da Festa da Rosa

O concerto de Tanxugueiras terá lugar no Pazo de Mos a partir das 22.00 horas
Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman son A Panadaría.
Axenda

Teatro en Mos: "As que limpan" da compañía A Panadaría

"As que limpan" da compañía teatral A Panadería recala na Sala Rebullón de Mos
Compañías radicadas na Galiza buscan abaratar custos e simplificar procesos trasladando a produción ao país veciño (Foto: Europa Press).
ECONOMÍA

Perto de 500 empresas galegas abriron filiais ao outro lado do río Miño

As firmas galegas tratan de meter presión ás Administracións ameazando coa súa marcha a Portugal.
O lume rexistrouse contra as 4.15 horas. (Foto: @martaftapias)
TRABALLO

Cinco naves completamente calcinadas nun incendio nun polígono de Mos

As naves pertencen a seis empresas de transporte, do sector téxtil, de embalaxe e de carretillas elevadoras. Agás dúas das naves, das outras "non quedan nin as portas".

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, no centro, a cuarta feira na presentación do proxecto.
SOCIAL

O Celta pide amparo legal á Xunta para construír a cidade deportiva

A veciñanza alerta da afectación do proxecto presentado polo RC Celta aos acuíferos en terreos da Comunidade de Montes de Tameiga, no Concello de Mos.