28-M

Besteiro arroupa a alcaldábel socialista en Mos, Victoria Alonso, e critica a campaña de Rueda

O delegado do Goberno estatal na Galiza saudou os “benditos anuncios” do Executivo de Pedro Sánchez e comprometeuse a “seguir traballando” a favor da cidadanía para “desenvolver os proxectos e as débedas históricas e por exemplo bonificar as peaxes da AP-9”, mentres o PP prorrogaba a privatización até 2048.
Victoria Alonso e Gómez Besteiro esta sexta feira en Mos (Foto: PSdeG).
photo_camera Victoria Alonso e Gómez Besteiro esta sexta feira en Mos (Foto: PSdeG).

O socialista José Ramón Gómez Besteiro replicou esta sexta feira ás críticas de Rueda contra a xestión e os investimentos do Executivo español que está a presentar o presidente do Goberno na campaña electoral por empregar “os cartos de todos”. Na súa visita a Mos, contrastou a iniciativa do Executivo cun PP que “cos cartos de todos malvendeu as caixas galegas e privatizou a sanidade pública”.

"Seguir traballando"

O tamén delegado do Goberno estatal na Galiza saudou os “benditos anuncios” do Executivo de Pedro Sánchez e comprometeuse a “seguir traballando” a favor da cidadanía para “desenvolver os proxectos e as débedas históricas e por exemplo bonificar as peaxes da AP-9”, mentres o PP prorrogaba a privatización até 2048.

Besteiro sinalou que o PP desprega “unha política e unha campaña de oposición”, e aí é onde o sitúan os galegos e as galegas”, e advertiu que por esa vía quedarán relegados á oposición “en moitos concellos”. Contrastou a campaña “optimista e con alegría” dos socialistas fronte a un PP que fai “campaña en negativo, con moi pouca ilusión e preocupándose de cousas que aos galegos e ás galegas nin lles van nin lles veñen”.

Mos

O representante socialista aproveitou a viaxe a Mos para visitar, xunto coa candidata socialista Victoria Alonso, a ponte sobre a A-55, onde anunciou que de forma “inminente” será presentado a información pública a obra do túnel Vigo – Mos – Porriño, que achega os trámites para licitar a actuación. A obra, de 4,2 quilómetros, afronta agora os últimos estudos xeolóxicos que despexan a súa execución.

A candidata socialista mosense, Victoria Alonso, salientou que esta actuación é unha resposta a “moitos anos de demanda” para resolver a alta sinistralidade da estrada e que leva aparellada a humanización as zonas urbanas. Alonso defendeu o proxecto socialista que dá “resposta ás necesidades de Mos” a través dun equipo de “xente capacitada, válida e con experiencia”.

Comentarios