"Tiven que acabar na sanidade privada para descubrir que teño un só ril funcional"

Case catro meses é o tempo de espera medio na área sanitaria de Vigo para someterse a unha ecografía xenitourinaria e nalgúns casos pode achegarse ao ano. Esa demora levou unha doente de infeccións crónicas de ouriños a recorrer á sanidade privada após varios meses "saltando de antibiótico en antibiótico sen máis probas" cunha doenza que se agudizou co paso do tempo.
O tempo medio de espera por unha ecografía xenitourinaria na área de Vigo é de 115,9 días, un incremento de 54% desde 2014. (Foto: Alexander Raths)
photo_camera O tempo medio de espera por unha ecografía xenitourinaria na área de Vigo é de 115,9 días, un incremento de 54% desde 2014. (Foto: Alexander Raths)
Comentarios