star
ECONOMÍA
Bateeiros do Salnés estiman unha perda de 30% da produción de mexillón
25/abr./24
Á espera da publicación dos datos oficiais do anuario de acuicultura 2023, o sector produtor de mexillón amósase “preocupado” polo descenso que xa foron percibindo na cría deste molusco. Cifran a produción de 2023 en 178 millóns de quilos (a media anual é de 250 millóns) e demandan unha análise das causas e dos resultados e medidas da Xunta da Galiza. Entre 4.000 e 5.000 familias traballan no sector.