85% das bateas están xa abertas á extracción

As bateas abertas á extracción de mexillón aumentan a 85% do total na Galiza após as aperturas decretadas nos últimos días polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar). Así, reabríronse polígonos nas rías de Muros-Noia, Pontevedra e Vigo ao remitir a presenza de toxina lipofílica, segundo as últimas analíticas do Intecmar. Actualmente só hai oito polígonos clausurados no conxunto do país pola presenza de toxina dos máis de 50 existentes: Baiona A; Camariñas A; Muros A; Cangas A e B; Bueu A1, A2 e A3.
Batea na illa de Arousa. (Foto: Europa Press)
photo_camera Batea na illa de Arousa. (Foto: Europa Press)
Comentarios