Kurdistán

Protesta onte en Van contra a decisión do organismo electoral. (Foto: DEM)
INTERNACIONAL

As protestas forzan Erdogan a recuar no roubo dunha Alcaldía aos prokurdos

A forza progresista gañou en tres metrópoles.
Á esquerda, o presidente turco, Recep Tayyip Erdogan, a segunda feira, e á dereita resultados das eleccións municipais en Turquía. (Imaxe: Presidencia de Turquía / DPA / Nós Diario)
star
INTERNACIONAL

Erdogan admite o "punto de inflexión" tras a súa primeira derrota electoral: o CHP avanza incluso nos principais bastións do AKP

O revés electoral recibido pola formación do presidente turco, Recep Tayyip Erdogan, dificulta unha hipotética reforma constitucional para volver presentarse, mentres que o prokurdo DEM se impuxo en 10 capitais de provincia a pesar da persecución estatal.
Ebrahim Raisi, líder de Irán. (Foto: Presidencia de Irán / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

Irán ataca o Kurdistán iraquí e o noroeste do territorio sirio tras o atentado no cabodano de Soleimani

Catro falecidos polo bombardeo en Erbil.
Recep Tayyip Erdogan. (Foto: Europa Press / Contacto / Turkish Presidency)
INTERNACIONAL

Turquía descarta aceptar a entrada de Suecia na OTAN antes da cimeira de xullo en Lituania

A alianza militar liderada polos Estados Unidos e o propio Goberno de Washington premen para que Estocolmo ingrese.
O secretario xeral da OTAN, Jens Stoltenberg, anunciou onte a entrada de Finlandia na alianza militar. (Foto: OTAN)
star
INTERNACIONAL

Finlandia entra hoxe na OTAN entre o temor da comunidade kurda no país

Helsinki convértese en novo membro da alianza militar encabezada polos Estados Unidos unha vez superado o veto turco ao cumprir as condicións exixidas, o que deixa nunha situación incerta a comunidade kurda, que alerta do perigo da entrada na OTAN.

O Kurdistán oprimido por sátrapas e sismos

O territorio do Kurdistán abrange os Estados de Turquía, Irán, Iraq, Siria e un pequeno enclave en Armenia (Foto: Nós Diario).
INTERNACIONAL

O Kurdistán, pendente da invasión turca e da ilegalización do partido HDP

Máis de 6.000 persoas morreron na guerra kurdo-turca desde a volta das hostilidades en 2015, nun conflito que tamén decorre en Siria, Irán e o Iraq. En cada un destes Estados, as forzas kurdas loitan para garantir a súa existencia e por medio da autonomía -en primeira instancia- consolidar o seu territorio común.

V. Zelenski e J. Biden. (Foto: Chris Kleponis / Zuma Press / Contactophoto)
INTERNACIONAL

A UE convida a Zelenski e fixa en febreiro a cimeira bilateral con Kíiv

Suecia promete a Turquía que prohibirá as actividades de apoio ao PKK para alcanzar o seu beneplácito e entrar na OTAN, mentres, Bruxelas convida a Zelenski pouco despois da súa visita a Washington.
Bashar al-Assad. (Foto: Presidencia de Irán / Zuma Press / Contactophoto)
INTERNACIONAL

Siria acusa Turquía de apoiar o Estado Islámico e exíxelle que abandone o país

Forzas kurdas piden a implicación de Rusia e os EUA para evitar as agresións turcas. Entrementres, Damasco contextualiza a campaña militar de Ancara como un apoio aos xihadistas do Estado Islámico.
Ebrahim Raisi, presidente de Irán,a terza feira xunta Mohamed Al Sudani, primeiro ministro iraquí. (Foto: Iranian Presidency / dpa)
INTERNACIONAL

Irán confirma máis de 300 falecementos nas protestas pola morte de Mahsa Amini

Outras fontes elevan as mortes ratificadas polas autoridades iranianas a máis de 400 desde setembro, cando as protestas superan os dous meses e afectan cada día a máis sectores. Pola contra, Irán destaca que se trata dunha guerra híbrida na súa contra lanzada polas potencias occidentais.
Edificios destruídos por un ataque turco contra Derik (Kurdistán sirio), a segunda feira. (Foto: YPG)
INTERNACIONAL

Erdogan anuncia un ataque terrestre "tan pronto como sexa posíbel" contra as forzas kurdas no Iraq e Siria

Turquía ratifica unha escalada militar ao facer público que lanzarán un ataque terrestre contra as forzas kurdas en Siria e o Iraq, mentres Rusia e os EUA piden contención tras anos de ocupación turca na rexión. 
Militar turco observa a través duns prismáticos (Foto: Ministerio de Defensa turco).
INTERNACIONAL

As bombas turcas deixan máis de medio cento de mortes, entre elas as de 11 civís

Turquía desenvolveu este domingo múltiples bombardeos sobre localizacións kurdas en Siria e Iraq que, segundo os últimos reportes, mataron 11 civís.
Avión empregado por Turquía no ataque contra localizacións kurdas en Siria e Iraq (Foto: Ministerio de Defensa turco)
INTERNACIONAL

Turquía lanza múltiples ataques aéreos contra localizacións kurdas no norte de Siria e Iraq

Turquía bombardea localizacións no norte de Siria e Iraq en represalia pola suposta participación de organizacións kurdas no atendado en Istambul do 13 de novembro, unha implicación que estas negan desde o primeiro momento.
Cartel en lembranza de Mahsa Amini (Foto: Nós Diario).
INTERNACIONAL

Máis de 700 persoas detidas en novas protestas en Irán pola morte de Mahsa Amini

Desde pasado 18 de setembro, día no que tivo lugar o funeral, as protestas aumentaron en número e intensidade, producíndose choques coa policía cada vez más violentos. 

Concorrida manifestación en Mosul (Iraq) esta quinta feira en contra da agresión militar de Ancara. (Foto: Ismael Adnan / dpa)
INTERNACIONAL

A ONU exixe investigar o ataque turco a unha zona hoteleira no Kurdistán iraquí

Bagdad leva a denuncia do caso ás instancias internacionais.