Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
Donald Trump converteuse esta fin de semana no primeiro presidente dos Estdos Unidos en pisar territorio norcoreano. O domingo 30 de xuño, Trump reuniuse con Kim Jong-Un na Zona Desmilitarizada, a faixa frointeiriza entre as dúas Coreas, e de maneira simbólica atravesou a raia.
É xa un clásico que Pyongyang se vexa obrigado a desmentir, máis ou menos directamente, informacións sobre supostas purgas de elementos críticos.
Moita retórica amical e cordial e poucas noces. A segunda cimeira entre Donald Trump e Kim Jong-un acabou esta quinta feira, en Hanoi, sen que os líderes asinasen ningún acordo. A clave, a negativa dos EUA a acceder a que, como pretendía Pyongyang, se levantasen as sancións interpostas por Washington contra Corea do Norte polo seu programa nuclear. "Non achamos que fose boa idea asinar nada", dixo Trump.
"Se eu non tivese sido elixido presidente dos EUA, na miña opinión, nestes momentos estariamos nunha guerra de grandes proporcións con Corea do Norte", dixo esta terza feira Donald Trump no seu segundo discurso sobre o estado dos EUA. O mesmo Trump que se presenta como pacificador en Asia nega toda opción a se entrevistar con Nicolás Maduro.
Tamén en Corea do Norte se estila un discurso do máximo líder político co motivo da chegada do novo ano. Desta volta, Kim Jong-un mostrou a vontade de Pyongyang a ter unha nova cimeira con Donald Trump, mais á vez advertiu que os avanzos cara á desnuclearización son fráxiles e dependen de que os EUA cesen na súa política de sancións e de manobras militares conxuntas con Seúl.
Guerra comercial e guerra xeoestratéxica. Donald Trump ordenou esta sexta feira o seu secretario de Estado, Mike Pompeo, que cancelase a súa prevista viaxe a Pyongyang. O argumento, que Corea do Norte non estaría a avanzar o suficiente no cumprimento da axenda da súa desnuclearización. Trump incrementa a tensión ao responsabilizar da situación o goberno chinés.
Despois de tantos tirapuxas, o cumio Trump-Kim, puido celebrarse finalmente. E todo parece indicar que o gran gañador do evento foi o líder norcoreano. Trump elevara as expectativas dun encontro no que había facer gala das súas autoaclamadas habilidades negociadoras, pero á hora da verdade puideron quedarse curtas.
A maioría das análises de urxencia apuntan a que a declaración ten un carácter vago e con grandes zonas de indeterminación. En realidade, a noticia non é tanto o contido do acordo como o acordo en si propio.
Non está aínda nada claro a que se comprometen as partes, mais a simples asinatura do acordo é un momento histórico. Pyongyang consegue un rotundo triunfo diplomático ao asinar un documento coa potencia hexemónica. China aplaudiu a entente. Sobre a mesa, unha vaga declaración en relación á desnuclearización da península.
[ACTUALIZACIÓN] A histórica cimeira entre os líderes das dúas Coreas non vai ficar simplesmente nas icónicas imaxes de Kim Jong-un e Moon Jae-in a se daren fortemente a man na liña imaxinaria do paralelo 38, o que marca a fronteira entre os dous estados. Kim e Moon alcanzaron un acordo tamén para a posteridade: o de iniciar conversas para asinar o tratado de paz que poña formalmente fin á guerra que mantiveron entre 1950 e 1953 (as hostilidades cesaron cun armisticio). Segundo The New York Times, acordaron tamén avanzar cara á completa desnuclearización da península coreana.
Beijing ve con bos ollos un movimento diplomático que resta tensión nunha das zonas xeopolíticas máis quentes do planeta. Kim Jong-un tornouse no primeiro líder nor-coreano en pisar territorio baixo xurisdición de Seúl desde o armisticio de 1953.
Non foi un capítulo de Homeland. Ocorreu na realidade. Os EUA enviaron o director da CIA a se entrevistar cun xefe de Estado. E este aceitou a reunión.
Aos seus 34 anos e no poder desde 2011, Kim Jong-un, o líder norcoreano, aínda non se reunira con ningún estadista estranxeiro. A súa visita a Beijing, precedida dun alto grao de secretismo, remarca o carácter estratéxico que para Pyongyang ten a súa alianza con China, co que mantén 90 por cento do seu comercio. Kim teríase comprometido a avanzar na desnuclearización, mais cunha condición: que o desarmamento implique tamén a Washington e Seúl.
"O home foguete (Rocket Man) está nunha misión suicida para el e para o seu réxime", afirmou Donald Trump, en alusión ao líder norcoreano, no primeiro discurso do presidente norteamericano perante a asemblea xeral de Nacións Unidas. Foron 41 minutos de retórica imperial e belicosa, carregada de ataques a Corea do Norte e Irán -nomeadamente-, mais tamén a Cuba e Venezuela.
Corea do Norte anunciou esta terza feira o lanzamento dun mísil de alcance intercontinental. Trátase dun Hwasong-14 que alcanzou unha altura de 2.802 quilómetros e voou durante trinta e nove minutos, segundo a televisión norcoreana.
Mentiu Donald Trump. Mentiu o secretario de Defensa. Mentiu a Armada norteamericana. O USS Carl Vinson -un porta-avións norteamericano líder dunha frotilla de ataque- non puxo rumo a Corea do Norte o 8A para disuadir Pyongyang de realizar un novo test nuclear. En realidade, 11 días despois do anuncio, o navío continúa en augas de Mar de Xava, na costa noroccidental de Australia.
O presidente estadounidense declara que se China non presiona a Corea do Norte para que desartelle o seu programa nuclear será EEUU quen o faga