Corea do Norte asegura ter realizado o lanzamento exitoso dun mísil intercontinental 

Corea do Norte anunciou esta terza feira o lanzamento dun mísil de alcance intercontinental. Trátase dun Hwasong-14 que alcanzou unha altura de 2.802 quilómetros e voou durante trinta e nove minutos, segundo a televisión norcoreana.  

Mísil Corea do Norte
photo_camera Un aspecto do lanzamento

Expertos opinan que, de seren certos os dados ofrecidos polos Estados Unidos, o proxectil podería ter un alcance máximo de seis mil setecentos quilómetros. A capacidade do mísil non permitiría chegar a Hawai, pero si podería atinxir Alaska.

“Kim Jong-un supervisou persoalmente o lanzamento e declarou o éxito alcanzado ante o mundo”, afirmou unha xornalista da televisión pública nor-coreana na retransmisión especial do disparo do proxectil, que se fixo desde a base aérea de Panghyon.

Dende Corea do Norte aseguran “ter un mísil moi poderoso que pode chegar a calquera parte do mundo”. O lanzamento coincidiu coa celebración do 4 de xullo, día da independencia dos EUA, e nas vésperas da realización dunha nova cimeira do G20.

Comentarios