Un presidente de Estados Unidos pisa Corea do Norte por primeira vez

Donald Trump converteuse esta fin de semana no primeiro presidente dos Estdos Unidos en pisar territorio norcoreano. O domingo 30 de xuño, Trump reuniuse con Kim Jong-Un na Zona Desmilitarizada, a faixa frointeiriza entre as dúas Coreas, e de maneira simbólica atravesou a raia.

kim jong-un e donald trump
photo_camera Kim Jong-Un e Donald Trump no seu primeiro cumio. Foto: cedida.

Os dous mandatarios camiñaron uns metros por Corea do Norte, posaron para a prensa e saudáronse. Despois regresaron ao Sur, onde se reuniron durante máis de 45 minutos -tres veces o que estaba previsto. “Están pasando moitas cousas positivas”, declarou o presidente estadounidense.

A inesperada visita a chan norcoreano xurdiu o sábado 29 de xuño cun chío na conta de twitter de Donald Trump e unha invitación oficial cursada apenas unhas horas despois. “Non creo que a xuntaza puidese organizarse nun só día de súpero sen a excelente relación que mantemos o presidente e mais eu”, anotou Kim Jong-Un, “estou convencido de que que esta excelente relación axudará a tomar a iniciativa e superar as barreiras e dificultades que poidamos encarar”.

Trump atopábase en Xapón participando no cumio do G-20 cando anunciou a súa dispoñibilidade a se ver co líder norcoreano na fronteira entre as Coreas.

Comentarios