Italia

Restos da embarcación naufragada en Crotona.
INTERNACIONAL

Polo menos 60 mortos no naufraxio dun barco con migrantes perto da costa de Calabria

Unhas 50 persoas foron rescatadas e varias decenas precisaron ser hospitalizadas, unha en estado moi grave, aínda que probabelmente máis de cen aínda están desaparecidas na que podería ser unha das peores traxedias da historia recente da crise migratoria.

Os canais de Venencia practicamente sen auga (Foto: @mickster).
INTERNACIONAL

Turismo masivo ou cambio climático? Así locen os canais de Venecia, case sen auga

Desde hai séculos, as rúas venecianas serven como vías de transporte, pero a actual situación impide a navegación das góndolas por certas zonas da cidade, dificultando os desprazamentos dos servizos de salvamento, bombeiros, policía e ambulancias, que interferiu nos seus labores habituais, debendo trasladarse a pé.
Rescate de migrantes no Mediterráneo por parte do 'Geo Barents', de Médicos Sen Fronteiras. (Foto: Candida Lobes / MSF)
star
INTERNACIONAL

10 migrantes morren de frío no mar Mediterráneo

A conta das mortes no mar Mediterráneo ascende a 75 no pouco máis dun mes desde que comezou 2023. Aínda así, non hai indicios de mudanzas nin nas políticas encabezadas pola extrema dereita en Italia que multiplican os riscos para os migrantes, nin na liña xeral marcada pola UE de tratar de evitar a entrada de migrantes e solicitantes de asilo no seu territorio.
Detención dun dos membro do grupo ultradereitista alemán (Foto: Uli Deck / dpa).
INTERNACIONAL

Italia extradita a Alemaña un membro do grupo de ultradereita alemán que pretendía dar un golpe de Estado

O cidadán alemán, de 64 anos de idade, era obxecto dunha euroorde emitida desde Alemaña e pola que foi detido o pasado 7 de decembro nun hotel italiano
A primeira ministra italiana, Giorgia Meloni (Foto: Roberto Monaldo / LaPresse via ZUM / DPA).
INTERNACIONAL

Sindicatos italianos convocan a primeira folga xeral contra o Goberno de Giorgia Meloni

Os sindicatos de base (USB, polas súas siglas en italiano) convocaron a unha folga xeral a sexta feita con manifestacións en todas as cidades, mentres que para o sábado convocouse unha manifestación en Roma cunha marcha que partirá desde a Piazza della Repubblica.
Cartel en francés facendo un chamamento a boicotear o Mundial de Arxentina '78, momento no que o país estaba vivía baixo a ditadura militar de Videla (Foto: Nós Diario).
DEPORTES

Qatar, último membro de honra na longa listaxe de anfitrións de 'Mundiais da Vergoña'

Desde a Italia de Mussolini en 1934 a FIFA concedeu a proba a tiranías de todo tipo.
O buque 'Humanity 1' (Foto: SOS Humanity).
INTERNACIONAL

Italia rexeita a entrada de migrantes a través dun desembraco selectivo

Contrario aos 35 migrantes expulsados, outros 144 que si puideron desembarcar ao ser considerados "vulnerábeis", como parte dunha nova política de desembarcos selectivos promovidos pola primeira ministra, Giorgia Meloni.
Migrantes rescatadao polo 'Geo Barents' (Foto: Filippo Taddei /MSF).
INTERNACIONAL

Italia négase a permitir a entrada de migrantes rescatados por buques de varias ONG

"Non podemos traer migrantes que son rescatados no mar por barcos estranxeiros que operan sen ningún tipo de coordinación coas autoridades", aseverou o ministro do Interior italiano, Matteo Piantedosi.
Galeazzo Bignami co brazalete nazi. (Foto: Nós Diario)
INTERNACIONAL

Sae á luz a fotografía dun integrante do Goberno de Giorgia Meloni cun brazalete nazi

Galeazzo Bignami centrou o seu discurso en criticar e tachar de “absurda” a publicación dunha fotografía privada case vinte anos despois.
Manifestación en Francia a semana pasada durante a folga xeral para pedir medidas contra o aumento do custo da vida. (Foto: Jan Schmidt-Whitley / Le Pictorium / DPA)
INTERNACIONAL

Protestas contra a inflación, a perda de valor salarial e a guerra percorren Europa

A onda internacional de mobilizacións contra a crise chega a Italia, que acollerá unha protesta para demandar o final da guerra en Ucraína vinculándoa co aumento dos prezos, despois dunha sucesión de mobilizacións no continente reclamando medidas urxentes.
Silvio Berlusconi, Giorgia Meloni (nova primeira ministra) e Matteo Salvini, tras reunirse onte co presidente italiano, Sergio Mattarella. (Foto: Roberto Monaldo / LaPresse via ZUM / DPA)
INTERNACIONAL

A extrema dereita volve liderar Italia 100 anos despois do golpe de Estado de Mussolini

Giorgia Meloni xura este sábado como primeira ministra italiana onda o seu Executivo, no que ademais de Irmáns de Italia participará outra forza de extrema dereita, a Liga.
Ignazio La Russa, tomando posesión do asento presidencial do Senado italiano. (Foto: Mauro Scrobogna / LaPresse)
INTERNACIONAL

Dunha sobrevivente do Holocausto a un admirador do fascismo: así foi o relevo na presidencia do Senado italiano

Ignazio La Russa, vencellado ao fascismo desde os anos 70, foi elixido presidente do Senado nunha sesión que comezou dirixindo, como presidenta provisional, a sobrevivente do Holocausto Liliana Segre.
A directora xerente do FMI, Kristalina Georgieva (Foto: FMI).
ECONOMÍA

O FMI rebaixa o crecemento da economía española en 2023 a 1,2%

A institución augura unha recesión en Alemaña e Italia.
A extrema dereita goberna xa en cinco Estados da Unión Europea, o ascenso do fascismo non rematará en Italia. (Ilustración: Álex Rozados)
Análise

A extrema dereita avanza en Europa

Luca Chao, doutora en Ciencias Sociais, politóloga e experta en migracións internacionais, analiza para 'Nós Diario' a vitoria electoral de Giorgia Meloni en Italia.

Construír o exterior no interior

Giorgia Meloni, coas siglas do fascista Movimento Sociale Italiano no fondo. (Foto: Jose Antonio, CC BY 4.0)
Italia

Loanzas a Mussolini, militancia no fascismo... Quen é Giorgia Meloni?

"Mussolini foi un bo político e todo o que fixo foi por Italia", dixo a líder de Fratelli d'Italia cando dirixía a organización estudantil de Alianza Nacional, herdeira do fascista MSI.
A líder da formación ultra Fratelli d'Italia, Giorgia Meloni, após coñecer este domingo a súa vitoria electoral. (Foto: Oliver Weiken / DPA)
Italia

A ultradereita gaña as eleccións italianas por vez primeira

As forzas de dereita e neofascistas cumpren os prognósticos e obteñen unha cómoda vitoria que permitirá a Meloni gobernar en Italia co apoio de Berlusconi e Salvini.
Vista xeral da Cámara de deputadas e deputados italiana (Foto: Roberto Monaldo / LaPresse via ZUM / DPA)
INTERNACIONAL

Italia vota mañá nuns comicios en que as sondaxes prevén a vitoria da ultradereita

Após a dimisión do ex primeiro ministro Mario Draghi convocáronse eleccións anticipadas 
A presidenta de Irmáns de Italia, Giorgia Meloni, durante a campaña das eleccións nas que aspira a converterse en primeira ministra. (Foto: Gabriele Moroni / LaPresse via ZUM / DPA)
INTERNACIONAL

As enquisas auguran a volta da extrema dereita ao poder en Italia 77 anos despois

A coalición liderada por Irmáns de Italia sitúase no 45% dos votos.
O artista tocando o piano. (Foto: Brais González)
CULTURA

O vigués Brais González estrea a súa ópera en Italia

'Loba Branca' chega ao Festivale delle Nazioni.