Italia rexeita a entrada de migrantes a través dun desembraco selectivo

Contrario aos 35 migrantes expulsados, outros 144 que si puideron desembarcar ao ser considerados "vulnerábeis", como parte dunha nova política de desembarcos selectivos promovidos pola primeira ministra, Giorgia Meloni.
O buque 'Humanity 1' (Foto: SOS Humanity).
photo_camera O buque 'Humanity 1' (Foto: SOS Humanity).

O Goberno de Italia exixiu esta segunda feira ao barco Humanity 1 que abandone as súas augas con 35 migrantes aos que non se lles permitiu baixar no porto de Catania, no medio da aplicación dunha política migratoria máis restritiva.

Contrario aos 35 migrantes expulsados, outros 144 que si puideron desembarcar ao ser considerados "vulnerábeis", como parte dunha nova política de desembarcos selectivos promovidos pola primeira ministra, Giorgia Meloni.

O capitán négase

Con todo, o capitán da nave, Joachim Ebeling, negouse a obedecer e pretende seguir no porto até que desembarquen todos os migrantes, segundp deron a coñecer medios locais.

O barco está xestionado por unha organización non gobernamental alemá, chamada SOS Humanity, a cal apelou recentemente ante un tribunal de Roma as leis aprobadas polo Goberno italiano en materia migratoria.

A entrada de Meloni no Goberno

Coa entrada no Goberno de Giorgia Meloni, hai menos dun mes, Italia acepta acoller só os migrantes vulnerábeis e necesitados dos barcos das ONG, nunha estratexia baseada en permitir o desembarco unicamente aos rescatados máis vulnerábeis ou enfermos, mentres que o resto serán devoltos a augas internacionais.

A idea legalizouse nun decreto polo vicepresidente do Goberno e ministro de Infraestruturas e Transportes, Matteo Salvini, quen está a ser xulgado polo bloqueo de naves humanitarias entre 2018 e 2019, cando era titular de Interior. 

comentarios