Amaro, o santo que non existe no santoral
A comunidade galega de Lisboa celebra hoxe o seu patrón. A capela da capital portuguesa de Santo Amaro serve de lugar de encontro para restaurar unha festividade perdida hai 111 anos e recuperar unha figura non recoñecida polo santoral católico que nos liga ao espazo atlántico e ao seu marco cultural.